DENUNCIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS POR DEFICIENCIAS NAS DEPENDENCIAS XUDICIAS DE MOS E A CAÑIZA
Durante a visita realizada este 15 de setembro nas Oficinas de Xustiza Municipal de Mos e A Cañiza, acompañando ás técnicas de prevención de riscos laborais, detectarose as seguintes deficiencias graves que puxemos en coñecemento da Dirección Xeral a través da pertinente denuncia:
Na Oficina de Xustiza do Municipio de Mos constatouse:
- A falta de sinalización das vías de evacuación, incumprindo as condicións básicas de seguridade.
- A incorrecta colocación do extintor.
- A saturación do arquivo xudicial, sen espazo para seguir incorporando procedementos.
Esta última situación xa fora posta de manifesto anteriormente. No ano 2024 pasou o arquiveiro polas dependencias xudiciais pero, finalmente, non se realizou o expurgo nin se retiraron as caixas, a pesar de levar aproximadamente dous anos reclamándose esta actuación.
Na Oficina de Xustiza no Municipio da Cañiza detectáronse igualmente importantes deficiencias:
- Problemas de humidade, cun cheiro evidente xa desde a entrada no edificio, obrigando a manter permanentemente en marcha un deshumidificador (na zona de arquivo de libros).
- Instalacións antigas e falta de mantemento.
- Extintor sen a revisión correspondente e incorrectamente colocado, ademais de estar afastado das zonas de traballo.
- Problemas na instalación eléctrica, xa que os elementos de protección do cadro saltan cando se conectan as estufas durante o inverno.
- Deficiente limpeza das instalacións, chegando os propios funcionarios a ter que retirar o lixo en ocasións.
Para visualizar a denuncia preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cigxustiza.acorunha@gmail.com - Compostela:
604 042 377
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
josefinaiglesiasdelacampa@yahoo.es - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal