DENUNCIA POLA FALTA DE SIMULACROS PERIÓDICOS DE EMERXENCIA E EVACUACIÓN NOS EDIFICIOS XUDICIAIS DE GALIZA
Este sindicato presentou denuncia ante Dirección Xeral de Xustiza e dos órganos competentes en materia de prevención de riscos laborais da Administración da Xunta de Galiza, pola falta de realización regular de simulacros de emerxencia e evacuación nos edificios xudiciais de Galiza, así como pola ausencia de información suficiente e de planificación coñecida sobre a súa programación nas distintas sedes xudiciais.
A realización periódica de simulacros constitúe unha medida esencial para garantir a seguridade e a saúde do persoal ao servizo da Administración de Xustiza, así como das persoas usuarias que acoden diariamente ás instalacións xudiciais. Estes exercicios permiten comprobar a eficacia dos plans de emerxencia e evacuación, identificar posibles deficiencias, verificar a
operatividade das vías de evacuación e asegurar que o persoal coñece os protocolos que debe seguir ante unha situación de risco.
No escrito que presentamos solicitamos que se nos dea traslado dun cronograma de simulacros previsto e das medidas que se van adoptar para garantir a súa realización, avaliación e seguimento en todas as sedes xudiciais galegas, así como da información actualizada sobre os últimos exercicios realizados e os plans de emerxencia e autoprotección aplicables.
Para ver o xustificante de presentación preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cigxustiza.acorunha@gmail.com - Compostela:
604 042 377
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
josefinaiglesiasdelacampa@yahoo.es - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal