DENUNCIA SOBRE DEFICIENCIAS EN PROTECCIÓN DE DATOS E PREVENCIÓN DE RISCOS NO EDIFICIO DA PARDA EN PONTEVEDRA

Con data 2 de marzo presentouse escrito ante a Dirección Xeral de Xustiza denunciando determinadas eivas detectada no edificio xudical da Parda, en materia de protección de datos, seguridade da información e prevención de riscos laborais en base aos seguintes feitos:
Primeiro.- Vulneración das medidas de seguridade e protección de datos.
Nas dependencias do Decanato (Servizo Común Xeral) procedeuse á retirada da lámina ou parte opaca dos cristales situados nas ventás de atención ao público, quedando totalmente visibles os postos informáticos do persoal funcionario.
Esta actuación permite que as persoas usuarias situadas fronte ás ventas poidan visualizar directamente as pantallas dos ordenadores, nas que se tratan datos persoais de carácter identificativo, etc.
A situación descrita supón unha clara diminución das medidas de seguridade física e organizativa que deben garantir a confindencialidade da información, poñendo en risco o cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos e do deber de segredo profesional.
A mesma problemática observase nas zonas exteriores de Rexistro e Reparto e tamen no posto de garda do Edificio Xudicial da Parda.
Segundo.- Risco grave en materia de prevención de riscos laborais.-
Así mesmo, procedeuse ao desprazamento das mesas de Rexistro e Reparto do Servizo Común Xeral, sen que se adoptasen as medidas adecuadas para a reorganización do cableado, quedando este estendido polo chan, sen canalización nin protección.
Esta circunstancia constitúe un risco evidente de tropezos e caídas para o persoal traballador, incumprindo as obrigas de garantir condicións seguras de traballo.
Compré salientar que existe precedente recente dunha resolución xudicial na que unha funcionaria foi indemnizada tras sufrir unha caída provocada pola deficiente protección do cableado existente nas dependencias xudiciais, o que evidencia que o risco non é hipotético senón real e xa materializado. (Sala do contencioso administrativo da Audiencia Nacional- Sentenza 45/2026).
Terceiro.- Iluminación insuficiente nos locais sindicais.
Tamén, ponse de manifesto que as luminarias existentes nos locais sindicais son antigas e proporcionan unha iluminación claramente insuficiente para o desenvolvemento adecuado das tarefas que alí se realizan (ademais de estar erroneamente aliñadas).
Esta situación podería incumprir o disposto no Real Decreto 486/1997, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo, que esixe que os locais de traballo dispoñan dunha iluminación adecuada ás caracteristicas da actividade desenvolvida, en cantidade e calidade suficiente para garantir condicións seguras e evitar fatiga visual.
En consecuencia, resulta necesaria unha avaliación técnica dos niveis de iluminación (lux) existentes e, de ser o caso, a substitución das luminarias por sistemas modernos e eficientes que cumpran coa normativa vixente.
Por todo o exposto, SOLICITOUSE
Que se repoñan de inmediato as medidas de protección visual das ventás de atención ao público do Decanato (Servizo Común Xeral), restituíndo a opacidade existente con anterioridad ou mantendo, se así se considera, unicamente o cristal central, por non verse ningun posto de traballo a través del.
Así mesmo que se adopten as mesmas medidas nas ventás da zona traseira de Rexistro e Reparto (servizo común xeral) e no posto de garda.
Que se proceda con caracter urxente á correcta canalización, suxeición e ordenación do cableado nas dependencias afectadas, eliminando o risco de caídas.
Que se realice unha avaliación técnica dos niveis de iluminación nos locais sindicais e se proceda á renovación das luminarias para garantir o cumprimento da normativa en materia de Prevención de Riscos Laborais.
Para ver o xustificante de presentación preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal