DENUNCIA SOBRE DEFICIENCIAS EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN FERROL

Luns, 02 Mar 2026

O 2 de marzo presentamos escrito formulando denuncia en materia de Prevención de Riscos Laborais relativa ás dependencias dos Tribunais de Instancia de Ferrol, xa que segundo consta no informe emitido polos Técnicos do Servizo de Prevención de Riscos laborais, de data 22 de Xaneiro de 2026, detectáronse diversas deficiencias, cualificandose algunhas delas como de nivel 1 (prioridade máxima), o que implica a necesidade de adopción inmediata de medidas correctoras.

Entre as deficiencias máis urxentes recollidas no citado informe figuran as seguientes:

1/ Orde, limpeza e vias de evacuación.-

- Necesidade de manter a orde nos arquivos xudiciais e retirar materiais acumulados nas zonas de paso, asi como a falta de espazo insuficiente entre estanterias, dificultando o traballo seguro do persoal podendo incumprir as disposicións mínimas establecidas no Real Decreto 486/1997, sobre condicións de seguridade e saúde nos lugares de traballo.

- Existencia de materiais que obstaculizan as vías de evacuación en caso de emerxencia.

- Falta de orde e limpeza en distintas dependencias.

2/ Riscos de caída, eléctricos e de incendio.

- Cableado polo chan no Rexistro Civil, xerando risco evidente de tropezos e caidas.

- Existencia de risco de caida no soto. Sen sinalizar.

- Falta de sinalización no cadro eléctrico do soto.

- Utilización de estufas de barras de cuarzo con risco potencial de incendio, especialmente en zonas con acumulación de documentación en papel.

- Existencia de materiais que poden dificultar unha evacuación rápida e segura.

- Así mesmo, o ascensor do edificio carece da sinalización obrigatoria de “Non usar en caso de incendio”, requisito esencial en materia de seguridade e evacuación. Esta deficiencia, se observa con frecuencia nos edifificios xudiciais visitados por este sindicato e podería supoñer incumprimento da normativa vixente en materia de sinalización de seguridade e condicións de evacuación.

3/ Condicións ergonómicas

Detectase que moitas das cadeiras existentes non son regulables en inclinación de respaldo nin reúnen as condicións ergonómicas adecuadas, podendo incumprir o disposto na normativa sobre traballo con pantallas de visualización de datos, que esixe mobiliario adaptado e axustable ás caracteristicas do posto de traballo.

En base ao indicado solicitouse que se adopten, con carácter urxente, as medidas preventivas necesarias, según se indica no informe dos tecnicos de prevención, e que se nos informe das actuacións realizadas, medidas adoptadas e o calendario da súa execución.

Para visualizar o xustificante de presentación preme na ligazón:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal