DENUNCIA SOLICITANDO AVALIACIÓN DE RISCOS POLO CAOS NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Martes, 17 Mar 2026

Por medio do presente escrito, DENUNCIAMOS, que tras a implantación da Lei de eficiencia organizativa no ámbito da Administración de Xustiza, estase a producir un grave caos organizativo nos tribunais de instancia de Vigo e Pontevedra (servizos Comúns de Tramitación e execución), así como nalgun tribunal correspondentes a fase I, como é o caso de Lalín. Todo isto, esta a evidenciar as seguintes consecuencias directas derivadas desta situación:

Primeiro.- Este caos organizativo, unido á insuficiente dotación de persoal, está a provocar unha sobrecarga de traballo xeneralizada, impedindo o normal desenvolvemento das funcións e afectando gravemente á calidade do servizo público.

Segundo.- A implantación tan precipitada, sen medios suficientes nin planificación adecuada, está a provocar desorganización, sobrecarga de traballo e conflitos no funcionamento ordinario dos tribunais de instancia. Esta situación está a afectar directamente ao persoal, xerando un incremento das baixas por enfermidade e un deterioro evidente das condicións laborais.

Terceiro.- Cómpre salientar que esta situación pode supoñer un incumprimento do establecido na Lei de Prevención de Riscos Laborais, especialmente no relativo á obriga de avaliar e previr os riscos psicosociais, así como adaptar o traballo ás persoas e evitar situacións que poidan afectar á súa saude física e psíquica. A sobrecarga, a falta de organización e a ausencia de criterios claros están a xerar riscos psicosociais evidentes, que deben ser avaliados e
correxidos de forma urxente.

Asi mesmo, resulta incomprensible a supresión previa do servizo de apoio en Vigo (praza de reforzo) e a súa posterior recuperación unicamente con dous funcionarios, o que evidencia que dito servizo era necesario e funcional para o
correcto desenvolvemento do traballo.

Do mesmo xeito, debe poñerse en valor o sistema de quenda no corpo de auxilio, que viña funcionando de maneira eficaz e permitindo a cobertura de vacacións e permisos. A súa eliminación está a contribuir ao actual desorde organizativo, sendo unha demanda reiterada do propio persoal do corpo de auxilio a sua recuperación inmediata,

Por todo o exposto, solicítase:

1.- A avaliación urxente dos riscos psicosociais derivados da implantación dos Tribunais de Instancia tanto de Vigo como de Pontevedra.
2.- A adopción de medidas organizativas que garantan un funcionamento adecuado e eviten a sobrecarga de traballo.
3.- A recuperación dos sistemas e servizos que demostraron ser eficaces, como o servizo de apoio tal e como era e a quenda do corpo de auxilio.
4.- A dotación suficiente de medios personais e materiais para asegurar un servizo público de xustiza de calidade.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal