EGAP NOVA CONVOCATORIA DE ACTIVIDADES FORMATIVAS

Actividades convocadas dentro do marco galego de competencias dixitais ComDix
Luns, 25 Set 2023

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2023 pola que se convocan actividades formativas do Marco galego de competencias dixitais ComDix para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Esta iniciativa enmárcase no contexto do Marco galego de competencias dixitais, conforme o disposto na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, coa finalidade de lograr unha cidadanía dixitalmente responsable nun contorno onde, cada vez máis, é requirido o uso da tecnoloxía case a diario.

Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración de xustiza; que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral).

IMPORTANTE: Para poder participar no curso «De Codix a ComDix iniciación» deberás dispoñerse previamente da certificación Codix.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 4 de outubro de 2023.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/ matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a dúas.

As dúbidas relativas ao Marco galego de competencias dixitais e ao certificado galego de competencias dixitais en https://competenciasdixitais.xunta.gal/

Os criterios que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na páxina web da EGAP e que poderán ser consultados na seguinte ligazón https://egap.xunta.gal/ecloud/s/eBXtEfnF8MGqCJB

Da totalidade das prazas de cada actividade formativa, a xustiza correspondenos só o 10 por cento.

EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas.

Se queres acceder a resolución completa podes premer no enlace:

Resolución DOG de 25 de setembro de 2023

Se precisas saber como podes obter o certificado ComDix, tes toda a información no seguinte enlace:

https://competenciasdixitais.xunta.gal/faqs_es.html#faq-certificacion

 


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal