
ENCONTRO BILATERAL CO SECRETARIO DE ESTADO DE XUSTIZA BOAS PALABRAS PERO POUCOS FEITOS

A CIG ven de reunirse na sede do Ministerio co Secretario de Estado de Xustiza. O encontro serviu para facer un intercambio de pareceres de cara á próxima lexislatura.
Entre outras cuestións trasladámoslle como prioridades para a negociación inmediata:
1.- Retribucións: Solicitamos o inmediato recoñecemento laboral e retributivo das funcións que realizamos o persoal funcionario nos xulgados e tribunais mediante a adecuación do complemento xeral do posto en idéntica proporción que ao corpo de LAXs. E a unificación dos grupos de poboación establecidos no artigo 3 do R.D. 1033/07. O Secretario de Estado de Xustiza ante esta solicitude comentou que se vai formar un Grupo de Traballo que comezará a funcionar en xaneiro e que esta negociación retributiva vai ir pilotada tamén desde Facenda e Función Pública, xa que o obxectivo é que non só sexa unha cuestión da Administración de Xustiza, senon de toda a Administración. Esa negociación debería resolverse no primeiro semestre do ano. O Secretario de Estado de Xustiza trasládanos que esa subida retributva podería ir vinculada ao complemento específico e non o complemento xeral do posto como reclamamos desde este sindicato. A CIG acudiremos a ese Grupo de Traballo coa única fin de conseguir que esa subida salarial sexa de aplicación directa para as traballadoras da Administración de Xustiza de Galiza.
Nese Grupo de Traballo, non só se trataría a negocación da subida retributiva senon tamén a regulación do teletraballo e a LOEO. (con relación a LOEO, teñen o compromiso con Europa de tela publicada antes de que remate o 2024).
2.- Teletraballo: Urxente reinstauración do teletraballo para o persoal funcionario da Administración Xustiza.
No día de hoxe publicouse o Real Decreto-Lei polo que se aproban as medidas urxentes para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia en materia de servizo público de xustiza, función pública, réxime local. Nese Real-Decreto Lei xa ven recollido na súa Disposición Final Sexta a necesidade dunha regulación do teletraballo indicando un prazo de instauración de non máis de 12 meses.
3.- Gardas: Adecuación do cómputo dos horarios. Gradas de 24 horas para A Coruña e Vigo.
4.- Lei Orgánica de Eficiencia Organizativa: Garantía do mantemento de todos os posto de traballo na súa localización actual.
5.- Rexistro Civil: Negociación das RPTs con cadros de persoal suficientes en todas as oficina do país.
Outras informacións:
- Concurso de traslado: A listaxe provisional publicaráse no que queda de ano. A publicación definitiva está prevista para febreiro. Nos vindeiros concursos haberá cambios importantes nas valoracións por mor da sentenza 1540/2023 do Tribunal Supremo.
- Aprobados XPA promoción interna: Está previsto que se publique a relación de aprobadas/os no que queda de semana. Os nomeamentos non se publicaran no BOE até o próximo ano, xa que falta algunha CCAA pola valoración do idioma.
- Aprobados XPA quenda libre: Contan ter a relación de aprobadas/os en febreiro do 2024.
- Tomas de posesión quenda libre TPA: Ofertarán en breve as prazas para poder tomar posesión de cara o mes de marzo.
- Estabilización concurso: Publicaránse as puntuacións provisionais no mes de febreiro.
- Convocatoria PI acumulada 22 e 23 e quenda libre: Prevése que estea no BOE ao remate de ano. Na convocatoria de PI manteñen os baremos da última promoción (reserva de nota...) agás que resten as preguntas erradas e a puntuación por exámes superados. A DXX comunicoulle en marzo deste ano a negativa á incrementar a taxa de promoción interna.
Con todo iso despréndese que o Ministerio ten decidido adxudicar os destinos da quenda libre 20-21-22 antes que os da promoción interna 22-23.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal