
HUMIDADES NA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA O PROBLEMA NON SE ARRANXA

A sección sindical de xustiza da CIG en Pontevedra volve a denunciar ante a Dirección Xeral os problemas de humidade que dende novembro do 2022 persisten e non se arranxan na Audiencia Provincial de Pontevedra.
No día de hoxe presentamos o seguinte escrito: "En base ao Real Decreto 486/1997, do 14 de abril, as humidades nos espazos de traballo constitúen un factor de risco para os traballadores, os cales han de reunir unhas condicións ambientais e estruturais adecuadas para garantir a saúde e benestar, xa que aínda que non se sexa consciente diso, as humidades provocan acaros, fungos e bacterias producidas polo exceso de humidade ambiental e consecuentemente exercen sobre a nosa saúde problemas respiratorios e oseos.
Dende a Central Sindical CIG, o 23 de novembro de 2022 DENUNCIOUSE a inundación sufrida na Audiencia Provincial de Pontevedra debido á choiva que se filtrou polo Tellado. Esta circunstancia sumada á falta de mantemento do edificio agravou as humidades tal e como se pode observar na foto anexa sobre todo na Sección Cuarta.
É por iso que solicitamos desa administración, se de unha solución URXENTE arranxando as humidades en prol da saúde dos traballadores."
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal