INCIDENCIAS NO TRIBUNAL DE INSTANCIA DE PONTEAREAS NA IMPLANTACIÓN DA FASE I

Mércores, 29 Out 2025

No día de hoxe remitimos escrito á Dirección Xeral de Xustiza sobre as incidencias detectadas no Tribunal de Instancia de Ponteareas:

"Despois das visitas feitas por esta central sindical aos xulgados, por motivo da implantación dos Tribunais de Instancia na Fase I, atopámonos as seguintes incidencias que pasamos a detallar no Tribunal de Instancia de Ponteareas:

Séguese minutando a man, en lugar de meter a minuta na carpeta correspondente do funcionario/a en Minerva,  a propósito da obrigatoriedade de usar os medios tecnolóxicos regulados no artigo 230 da LOPX, así como  na Lei 18/2011, do 5 de xullo e na Lei Orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro.

Resulta necesario o aumento do cadro de persoal; soamente a parte civil rematará o ano co máis de novecentas demandas e, se falamos da execución, a cousa non mellorou nada en comparativa co ano pasado.

Os traballadores/as trasladáronnos que sería bo poder ocultar as pestanas de minerva que non se usan para non inducir a erros, dado que se está a traballar neste momento con tres órganos, os antigos xulgados número 1, 2 e 3.

Así mesmo, a modo de exemplo, se estás a traballar na conta de consignacións da praza dous, si a funcionaria/o se pon a traballar noutra xestión e ten que ausentarse por calquera motivo (coller o telefono, etc), cando volve e intentar entrar na conta de consignacións esta volve a abrise por defecto na praza un, en lugar da conta de consignacións na que se estaba traballando, co cal pode dar lugar a erros. A futuro, tamén nos indican que a conta de consignacións podería mellorar facendo as restas do que entra, como se fai no Ministerio de Facenda, e isto axilizaría moito o traballo.

Con respecto a asinar as comparecencias pola plataforma SIRAJ, o programa xera a comparecencia pero non queda rexistrada a medida.

Outra cousa que tamén era bo mellorar e que, nas averiguacións patrimoniais, co fin de non ter que abrir outra pestana e buscar, que sairá directamente se faleceu un demandante/demandado, porque por exemplo en Ponteareas hai execucións moi antigas mesmo do ano 1995.

Para mellorar as funcións que está a realizar o corpo de Auxilio Xudicial, debería de facerse unha conta de correo electrónico única para, por culpa das contrasinais de cada un.

Por todo isto solicítase desta Dirección Xeral de Xustiza que tome nota de todo o exposto e que proceda á corrección das eivas indicadas ou que remita  comunicación das mesmas ao organismo correspondente, a  fin de ir mellorando o traballo dos funcionarios/as das vilas onde se realizou a implantación da fase I."

Para ver o xustificante de presentación do escrito preme na ligazón:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal