LISTAXES DEFINITIVAS E LUGARES E HORAS DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CELGA 2, 3 E 4

Mércores, 28 Out 2026

Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas

Celga 2: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2026

Resolución do 28 de outubro de 2026 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 2

Celga 3: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2026

Resolución do 28 de outubro de 2026 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 3

Celga 4: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio de 2026

Resolución do 28 de outubro de 2026 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 4

 

As persoas candidatas deben presentarse no lugar e día de realización das probas entre as 8.30 e as 8.45 horas, provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.

Proba escrita

Comezará ás 9.00 horas. Uns días antes da realización da proba, publicaranse nesta páxina web www.lingua.gal a porta de acceso e a aula que lle corresponderá a cada persoa.

Proba oral

A proba oral será a continuación da proba escrita. Os chamamentos faranse en quendas de 15-20 minutos, por orde alfabética, comezando pola letra M, agás o día 15 de novembro que comezarán pola letra B. A proba poderá prolongarse até a tarde.

Datas de realización das probas

Celga 4 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid

14 de novembro de 2026, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por algunha das seguintes letras: M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z e A.

15 de novembro de 2026, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por algunha das seguintes letras: B, C, D, E, F, G, H, I, J, K e L.

 

Celga 3 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid

21 de novembro de 2026, para todas as persoas admitidas.

 

Celga 2 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid

22 de novembro de 2026, para todas as persoas admitidas.

 

Lugares de realización das probas

Santiago de Compostela

Celga 2, Celga 3 e Celga 4

IES Antonio Fraguas, rúa Londres, núm. 10

Ponferrada

EOI de Ponferrada, rúa Río Burbia, s/n

Madrid

Casa de Galicia en Madrid, rúa Casado del Alisal, 8

Para máis información preme na ligazón:

https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias?content=/.content/Contido/convocatoria/Probas/convocatoria_0035.xml&utm_source=news_gal&utm_medium=email&utm_campaign=boletin_lingua_gal


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cigxustiza.acorunha@gmail.com
  • Compostela:
    604 042 377
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    josefinaiglesiasdelacampa@yahoo.es
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal