MESA SECTORIAL MADRID - 3 DE ABRIL DE 2024

COMEZA A NEGOCIACIÓN DA MODIFICACIÓN DA LEI ORGÁNICA DE EFICIENCIA
Xoves, 04 Abr 2024

A CIG ven de asistir hoxe á Mesa Sectorial celebrada no Ministerio de Xustiza, convocada para a negociación daqueles aspectos do anteproxecto de lei orgánica de medidas en materia de eficiencia do servizo público de xustiza e de accións colectivas para a protección e defensa dos dereitos e intereses dos consumidores e usuarios, que inciden nas condicións de traballo das persoas funcionarias da Administración de Xustiza.
En outubro do 2021 xa se iniciara esta negociación pero quedara parada pola convocatoria de eleccións. O novo texto tampouco recolle ningunha das reivindicacións feitas na anterior etapa polo que temos que empezar de cero e estar máis vixilantes na tramitación da mesma. O motivo de non incorporar ningunha das alegacións formuladas no seu día é porque de presentar un texto novo obrigaría a facer novos informes consultivos e non chegaría a tempo cos compromisos coa Unión Europea.
Nesta nova andaina para abordar o impacto das vindeiras modificacións lexislativas no noso traballo diario, a CIG defendeu que na normativa se tiñan que garantir entre outras as seguintes cuestións:

- Mantemento de todos os postos de traballo en cada localidade.
- Mantemento das retribucións inherentes ao posto actual.
- Incremento da promoción interna ao 50% para todos os corpos.
- Clarificación das tarefas e funcións.

Acordouse a constitución dun grupo de traballo para negociar máis polo miúdo as afectacións para despois elevalas á Mesa Sectorial, comezando o vindeiro martes a análise da modificación dos art. 434 ao 440 da LOPX


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal