MOCIÓN NO PARLAMENTO DE GALICIA SOBRE A DOTACIÓN DE MÁIS PERSOAL PARA O TRIBUNAL DE INSTANCIA DE PONTEAREAS

Venres, 26 Xun 2026

Neste pasado 23 de xuño o BNG presentou no Parlamento de Galiza unha moción para ser tratada en comisión, en relación coa necesidade de creación de máis dotación de persoal para o Tribunal de Instancia de Ponteareas. A parlamentaria do BNG, Cristina Fernández Davila, defendeu a necesidade de incrementar unha praza máis de xuiz, que non se prevee dentro das 19 que lle van ser concedidas a nosa comunidade autónoma, e do persoal necesario para apoiar dita nova praza. Para validar esta petición a parlamentaria incidiu nos datos das estatísticas xudiciais dos últimos anos, nas que se reflicte claramente a excesiva carga de traballo do partido xudicial que atende o Tribunal de Instancia de Ponteareas que, xunto co de Vilagarcía de Arousa, mostran as claras a necesidade imperiosa de aumento tanto dunha nova praza de xuiz como da dotación correspondente do persoal de corpos xerais. Ademais Ponteareas conta co espacio suficiente para poder ubicar a todo o persoal necesario para esta ampliación, xa que no edificio actual existe unha parte do segundo andar que se atopa baleiro.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal