MODIFICACIÓN DOS REGULAMENTOS DE LETRAD@S E DOS CORPOS XERAIS

Luns, 23 Dec 2024

No BOE do 23 de decembro de 2024 publicouse o Real Decreto 1280/2024, de 17 de decembro, polo que se modifican o Real Decreto 1608/2005, de 30 de decembro (regulamento Letrad@s) e o Real Decreto 1451/2005, de 7 de decembro (regulamento dos corpos xerais).

No caso das modificacións introducidas no regulamento de Letrad@s as mesmas son consecuencia do acordo alcanzado o 28 de marzo de 2023 tras a folga levada a cabo nese colectivo de traballadoras/es.

En canto a modificacion do regulamento dos corpos xerais, introdúcese na Disposición Adicional Cuarta a reserva da praza cuxa titularidade corresponda ao persoal funcionario do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, para o caso de que sexa nomeado letrado ou nomeada letrada da Administración de Xustiza substituto ou substituta, incentivando así a súa participación nas bolsas de interinos e interinas do Corpo de Letrad@s.

Así memso suprímese a letra d) do artigo 68, pasando as actuais e) e f) a ser a d) e a e), respectivamente; déixase sen contido o artigo 70; e enngádese o apartado 6. ao artigo 73, coa seguinte redacción: «6. Os funcionarios que finalicen unha comisión de servizo con relevación de funcións deberán reincorporase á praza da que sexan titulares no prazo de tres días, se a reincorporación non implica cambio de domicilio, e de oito noutro caso».

 


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal