NEFASTA "FORMACIÓN" SOBRE O PLAN DE EVACUACIÓN NA CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO

Mércores, 03 Abr 2024

O 3 de abril a CIG dirixiu escrito á DXX comunicando e solicitando o seguinte:

Con data 1 de abril dos correntes, comezou o que parecía ía ser a formación Teórico-Practica sobre o Plan de Autoprotección e a implantación do mesmo no edificio xudicial (Simulacro), para as/os traballador@s da Cidade da Xustiza de Vigo, iniciándose polo andar 18.


Esta información foi trasladada polo Decanato de Vigo ás centrais sindicais con representación na provincia de Pontevedra, na mesma data na que se iniciaba a citada “formación”, sendo o correo enviado ás 14:01 horas. Esta central sindical entende que este tipo de información debería de terse trasladado coa suficiente antelación e ser acompañada da correspondente programación, máxime tendo en conta que se leva moito tempo pedindo a celebración dos simulacros de evacuación dos edificios xudiciais.

A suposta “formación” sobre o Plan de Autoprotección (charla de DEZ MINUTOS, dos cales parte deles foi para asinar os asistentes e nomear aos xefes de equipo) versou UNICAMENTE sobre unha somera indicación da sinalización da planta, exame dunha das portas de evacuación, e manifestación da existencia dun punto de encontro (todo isto sen que en ningún momento se levara a cabo práctica ningunha sobre a localización e uso das distintas vías de evacuación indicadas e do punto de encontro).

Consideramos por parte deste sindicato que isto non pode ser considerado como unha formación das/os traballador@s senón unha mera charla “teórico-técnica”.
Asímesmo, o que se deduce do acontecido e que a ÚNICA pretensión por parte da Administración é a de cubrirse as costas coa sinatura dos traballadores e o nomeamento dos Xefes de Equipo e así EXIMIRSE da súa obrigación de formación sobre o Plan de Autoprotección e simulacros.

É por iso que, por parte da Central Sindical CIG, DENUNCIAMOS o acontecido e SOLICITAMOS, en base á lei 31/95, 8 novembro de Prevención de Riscos Laborais, así como o Real Decreto 524/2023, de 20 de xuño, unha FORMACIÓN ADECUADA, teórica-práctica sobre o Plan de evacuación, por planta e edificio, para todos as/os traballador@s da provincia de Pontevedra, así como a realización de SIMULACROS.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal