NOVAMENTE PROBLEMAS CO ARQUIVO XUDICIAL DO TRIBUNAL DE INSTANCIA DE TUI

Que desde este sindicato xa se denunciou en reiteradas ocasións, ante a Dirección Xeral de Xustiza (a ultima vez o 6 de febreiro do 2026), a grave situación das instalacións do antigo edificio dos xulgados de Tui, inmoble considerado patrimonio histórico e que na actualidade continúa albergando o arquivo xudicial.
Así mesmo, esta problemática foi posta de manifesto incluso no Comité de Seguridade e Saúde, onde se solicitou expresamente o traslado do arquivo xudicial a outras dependencias máis axeitadas, dadas as condicións de deterioro do inmoble e os problemas derivados das continuas filtracións de auga.
Na última denuncia presentada con data 6 de febreiro do 2026, non só se puxo esta situación en coñecemento da Dirección Xeral de Xustiza, senón tamén do Concello de Tui, solicitando a adopción urxente de medidas para evitar o agravamento do estado do edificio e os danos que estas filtracións estaban a provocar.
Porén, lamentablemente, o inmoble volve atoparse inundado, o que pon de manifesto tanto os problemas de salubridade e seguridade para o persoal da Administración de Xustiza que debe acceder ao arquivo, como o grave risco para a conservación da documentación xudicial alí almacenada, que podería chegar a destruírse de maneira irreparable.
Por todo o exposto, agardamos que na vistita programada para o vindeiro luns, na que acudirán representantes tanto da Dirección Xeral de Xustiza como do Concello de Tui, aproveiten a subvención existente, cuxo prazo remata o 30 de xuño, e adopten finalmente as medidas necesarias para resolver esta problemática.
Confiamos en que tanto a administración autonómica como o concello actúen coa dilixencia que require a conservación deste edificio histórico, como a serie documental xudicial que alberga, adoptando medidas efectivas, así como que se valore de maneira inmediata o traslado do arquivo xudicial a unhas dependencias adecuadas mentres non se solucionen definitivamente os problemas existentes no inmoble.
Para ver o xustificante de presentación do escrito preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal