O CONSELLO DE SEGURIDADE NUCLEAR TRAMITA A DENUNCIA DA CIG POLO RETRASO NO TRASLADO DOS RESULTADOS DAS MEDICIÓNS DO RADON NOS EDIFICIOS XUDICIAIS DE TODA GALIZA
A Central Sindical CIG presentou denuncia o pasado día 22 de abril ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social pola demora no traslado das avaliacións do radon feitas en setembro do 2024 en varios edificios xudiciais, entre eles os de Marín, Ribadavia e Noia, o Tribunal Superior de Xustiza e as catro Audiencias Provinciais.
A pesar do tempo transcorrido desde a realización das análises técnicas, a Administración continúa sen facilitar información sobre os resultados das avaliacións.
Ante esta situación, o pasado mes de febreiro a nosa Central Sindical, presentou unha denuncia diante da Inspección de Traballo e Seguridade Social, reclamando actuacións urxentes e o cumprimento das obrigas legais en materia de prevención de riscos laborais e protección da saúde das traballadoras e traballadores da Administración de Xustiza.
Na xornada de hoxe, o propio Consello de Seguridade Nuclear confirmou a recepción da documentación remitida pola Inspección de Traballo, quedando este sindicato agora á espera das actuacións e informacións que poidan derivarse da intervención do organismo competente dada a importancia destes resultados xa que poderían afectar a saúde dos traballadores/as da Administración de Xustiza.
O gas radon é un gas radioactivo de orixe natural, incoloro, inodoro e insípido, xérase pola desintegración do uranio presente no solo e nas rochas, especialmente en territorios graníticos como boa parte da Galiza. Este gas pode acumularse no interior dos edificios, especialmente en baixos, sotos e espazos con escasa ventilación, e supor un risco para a saúde cando se rexistran concentracións elevadas durante períodos prolongados. Precisamente por iso, a avaliación e comunicación dos resultados das medicións nos edificios xudiciais resulta fundamental para garantir a protección da saúde laboral do persoal.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal