O XULGADO DE GARDA DE VIGO CARECE DE ASEOS DE USO PÚBLICO

Os compañeiros e compañeiras da sección sindical da CIG en Pontevedra presentan escrito ante a Dirección Xeral
Martes, 27 Feb 2024

A sección sindical da CIG Xustiza en Pontevedra acaban de presentar no día de hoxe escrito ante a Dirección Xeral de Xustiza denunciando que o Xulgado de Garda de Vigo carece de aseos de uso público.

O escrito presentado é o seguinte:

"Por parte da central sindical CIG, DENUNCIAMOS, que o Xulgado de Garda carece de aseos de uso público, o que se complica aínda máis as fins de semana, ao non poder transitar os usuarios polo resto do edificio.

É sorprendente que, así como a Cidade da Xustiza de Vigo, dispón de catro cuartos de baño de media en cada unha das 18 plantas da torre e outras catro no inmoble anexo, o que equivale a máis dun centenar de baños, tanto femininos como masculinos e de persoas con mobilidade reducida, esquecéronse dos aseos de uso público do Xulgado de Garda.

Ante esta problemática os cidadans e profesionais teñen que sair a rúa, o ser acompañados por un vixilante de seguridade a os aseos da planta Baixa tendo este que deixar abandonado o seu posto de control de accesos, sabendo a Administración que soamente traballa un os fins de semana.

É por iso que solicitamos se instalen nas dependencias do xulgado de garda   baños de uso público, tanto femininos, como masculinos e de uso para persoas con mobilidade reducida, en base ao Art. 21 da lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade, onde di, que  “...os edificios de uso público disporán de aseos accesibles nas zonas de uso público, nos termos que se establezan regulamentariamente e procurando a existencia de aseos femininos e masculinos, así como que existan servizos accesibles para persoas con discapacidade...”."


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal