PETICIÓN DE CONVOCATORIA DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL - MEDICIÓNS RADÓN
De conformidade co disposto no artigo 38.3 da Lei de Prevención de Riscos Laborais, segundo o cal o Comité de Seguridade e Saúde deberá reunirase trimestralmente e sempre que o solicite algunha das representacións presentes no mesmo, solicitamos a convocatoria urxente do devandito comité.
A última reunión tivo lugar o día 20 de outubro de 2025, transcorrendo xa máis de catro meses sen que se efectuase unha nova convocatoria, incumpríndose así o prazo establecido legalmente.
Así mesmo, existe unha grande incerteza respecto dos informes e resultados das medicións do gas radón realizadas nos distintos edificios, así como das medidas preventivas e correctoras que, de ser o caso, deban adoptarse.
Por todo o exposto, solicitamos que se convoque con carácter urxente o Comité de Seguridade e Saúde Laboral e que, ademais do resto de asuntos a tratar, se inclúa na orde do día o relativo ás medicións de gas radón, concretamente:
- Resultados das medicións realizadas.
- Informes técnicos dispoñibles.
- Avaliación dos riscos derivados das devanditas medicións.
- Medidas preventivas e correctoras previstas.
Para ver o xustificante de presentación preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal