PREVENCIÓN DE RISCOS: PROBLEMAS SEN CORREXIR EN PORRIÑO DESDE 2018

Venres, 30 Mai 2025

 

Tras a visita realizada o martes 27 de maio coas técnicas de prevención nos xulgados de Porriño, puidemos comprobar que a maior parte das deficiencias detectadas no anterior informe de 2018 seguian sen ser corrixidas.

O edificio está sen sinalización de evacuación, así como que soamente hai un extintor en cada xulgado, situándose outro a máis de 15 m; tampouco funciona o sistema de climatización por igual en cada xulgado, xa que non ten regulación ningunha nas dependencias dos funcionarios; así mesmo, hai que cambiar a maioría de luminarias dado que non aseguran unha iluminación adecuada e segura, incumprindo a normativa vixente de alo menos 500 lux; os cadros electricos están anormalmente ubicados nas baixantes de construcción polas que transcorren as canalizacións electricas, existindo risco de caida de obxectos; o garaxe utilizase como taller, existindo almacenadas botellas de nitróxeno; existe aparentemente unha falta de espazos para o arquivo de xestión e resulta que hai moitas dependencias valeiras sen uso e toda a cuberta que está sen aproveitar.

Por todo o exposto solicitamos á Dirección Xeral de Xustiza que se tomen as medidas preventivas ao respecto, así como se nos de  traslado da información e planos correspondentes as obras que se van a acometer no mes de agosto, en base ao Artigo 36 da lei de prevención de riscos laborais.

Igualmente solicitamos que se indentifique a quen exerce a función de vixilancia da planificación, xa que das medidas correctoras indicadas no informe correspondente aos Xulgados de Porriño  do ano 2018 non se levou a cabo ningunha.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal