PROBLEMAS COA CORRESPONDENCIA E O REPARTO ENTRE AS DÚAS PRAZAS DE VIOLENCIA DE XENERO DE VIGO E O XULGADO DE INSTRUCIÓN Nº 8
O sector de xustiza da CIG en Vigo ven de remitir escrito ao Director Xeral de Xustiza denunciando a problemática existente no reparto de asuntos entre os que, en teoría, deberían ser as dúas Prazas de Maxistradas/os de Violencia de Xénero da cidade confundindose unha desas prazas co antigo Xulgado de Instrución nº 8:
Primeiro.- Que se vén detectando, de maneira reiterada, unha incidencia na identificación da correspondencia do antigo xulgado de instrución 8 de Vigo xa que, tanto na correspondencia postal como nos correos electrónicos e na documentación remitida a través das valixas procedentes do Decanato, a documentación correspondente ao Xulgado de Instrución 8 aparece identificada como Xulgado de Violencia sobre a Muller.
Segundo.- Que esta situación está a provocar confusión na cidadania, xa que as persoas destinatarias reciben comunicacións que figuran como procedentes do Xulgado de Violencia sobre a Muller cando, na realidade, corresponden a procedementos tramitados polo Xulgado de instrucción nº 8 de Vigo, sen relación coa materia de violencia sobre a muller.
Tercero.- Que esta circunstancia pode xerar alarma innecesaria nas persoas destinatarias, ao asociarse a recepción de documentación cun órgano xudicial especializado en violencia sobre a muller sen que exista tal relación realmente.
Cuarto.- Que, ademais, esta situación está a provocar un incremento innecesario da carga de traballo, ao obrigar ao persoal a realizar comprobacións adicionais para determinar a correcta procedencia da documentación, producíndose duplicidade de tarefas e afectando á organización e eficiencia do servizo.
Quinto.- Que esta circunstancia supón unha deficiencia organizativa que pode afectar ao correcto funcionamento do servizo público de xustiza, así como á imaxe da Administración ante a cidadania.
Por todo o exposto, solicitamos que por parte desa Dirección Xeral se analice a situación descrita, adoptando as medidas organizativas e técnicas inmediatas para correxir e diferenciar de maneira clara e inequívoca a denominación do Xulgado de Instrución nº 8 (actualmente Praza 8 de Instrución - Area Penal ) de Vigo respecto das dúas Prazas do Xulgado de Violencia sobre a Muller (actualmente Praza 1 e 2 de Violencia dé Xénero-Area Penal), tanto na correspondencia postal como nos correos electronicos, sistemas informaticos e documentación remitida mediante valixa.
Todo isto, co fin de garantir o correcto funcionamento da Administración de Xustiza e evitar posibles prexuízos tanto para a cidadanía como para o propio persoal
Para ver o xustificante de presentación preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal