
PROBLEMÁTICA DO TRASLADO DO ARQUIVO XUDICIAL EN VIGO

Por parte da CIG e, en relación coa problemática existente sobre o traslado dos expedientes xudiciais á antiga estación de autobuses de Vigo, diriximos o seguinte escrito á Dirección Xeral de Xustiza
"Remitese o presente escrito, en relación coa problemática existente en Vigo con respecto ao arquivo de expedientes xudiciais, tanto aos situados aínda na rúa Lalín, como os trasladados recentemente, en palets de almacenaxe, ata as dependencias dá Cidade dá Xustiza.
Na rúa Lalín aínda constan un total aproximado de 64.100 caixas, repartidas entre o semisótano e o garaxe, as cales esta administración pretende trasladar provisionalmente á antiga estación de autobuses, mentres non se atopa espazo para as mesmas na Cidade da Xustiza.
Por parte deste sindicato, entendemos que a antiga estación de autobuses de Vigo leva dous anos en estado de abandono, así como que, aínda que está selada e precintada para evitar a entrada de persoas, esta converteuse nun refuxio para persoas que non teñen onde durmir, así como que en marzo deste ano falábase da demolición, dado o mal estado da mesma, e de realizar un investimento potente, por parte da Xunta, para convertela nunha residencia de maiores e unha escola infantil.
Neste último punto, cabe sinalar, a deficiencia das instalacións onde se pretende albergar os fondos documentais, xa que é ben sabido que nestes temas a prevención é fundamental á hora da conservación nun estado óptimo para unha fácil e correcta localización da documentación requirida, onde as instalacións minimicen a posibilidade de arruinar a integridade do fondo documental e o seu deterioro ou desaparición, atopándose entre os axentes máis perigosos o lume, o roubo, a luz, a humidade, a temperatura, o po, a contaminación e mesmo outros axentes moito “mais salvaxes” como é o caso de roedores e insectos, presentes nestas instalacións abandonadas.
Todo isto, lévanos á conclusión que, para o traslado provisional dos fondos documentais existentes na rúa Lalín á antiga estación de autobuses, primeiro tería que rehabilitarse a mesma e ata cambiar o seu uso a nivel do Concello de Vigo, que debería autorizar o mesmo e avaliar se o local reúne as condicións para poder albergar ese fondo documental.
Pola outra banda, solicitamos se nos informe de onde se localizaría este fondo documental na Cidade da Xustiza, como se pretende facer de forma definitiva, sabendo que non existe espazo para a súa almacenaxe, entendendo que esa administración non pretenderá facelo a costa dá redución das prazas de aparcadoiro no seu día comprometidas no proxecto inicial para cubrir as necesidades das/os traballadores.
Igualmente entendemos que dada a envergadura da documentación que xeneran os órganos xudicais da cidade de Vigo, a solución pasaría pola dotación dunha nave onde se situase todo o fondo documental, dependente do arquivo xeral de Pontevedra, a fin de facilitar o préstamo dun xeito máis áxil e eficiente."
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal