PUBLICACIÓN NO BOE DA CREACIÓN DE PRAZAS XUDICAIS E FISCAIS EN GALIZA

Martes, 17 Nov 2026

Hoxe publicouse no BOE o Real Decreto 996/2026, de 16 de novembro de creación de cincocentas unidades xudiciais correspondentes á programación de 2027 e de adecuación da planta xudicial. 

En Galiza créanse 19 prazas xudiciais: 

- Unha praza de maxistrado ou maxistrada na Sección 5.ª da Audiencia Provincial da Coruña, correspondente á orde civil.

- Unha praza de maxistrado ou maxistrada na Sección 2.ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, correspondente á orde penal.

- Praza número 17 da Sección Civil do Tribunal de Instancia da Coruña.

- Praza número 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Ferrol.

- Praza número 6 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Lugo.

- Praza número 5 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Pontevedra.

- Praza número 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela.

- Praza número 12 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo.

- Praza número 4 da Sección Civil e de Instrución do Tribunal de Instancia de Ponteareas.

- Praza número 4 da Sección Civil e de Instrución do Tribunal de Instancia de Vilagarcía de Arousa.

- Praza número 3 da Sección Civil e de Instrución do Tribunal de Instancia de Viveiro.

- Praza número 8 da Sección do Social do Tribunal de Instancia da Coruña.

- Praza número 3 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Ferrol.

- Praza número 5 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Lugo.

- Praza número 5 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Ourense.

- Praza número 5 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Pontevedra.

- Praza número 8 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo.

- Unha praza da Presidencia do Tribunal de Instancia da Coruña, liberada de carga de traballo.

- Unha praza da Presidencia do Tribunal de Instancia de Vigo, liberada de carga de traballo.

  • Transformación de prazas da Sección de Instrución en prazas da Sección de Violencia sobre a Muller: 

- A praza número 8 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia da Coruña, en funcionamento, transfórmase na praza número 2 da Sección de Violencia sobre a Muller do Tribunal de Instancia da Coruña.

- A praza número 8 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de Vigo, en funcionamento, transfórmase na praza número 2 da Sección de Violencia sobre a Muller do Tribunal de Instancia de Vigo.

  • Determinación das agrupacións de partidos xudiciais para o coñecemento dos asuntos atribuídos ás Seccións de Violencia sobre a Muller.

A Sección de Violencia sobre a Muller do Tribunal de Instancia de Pontevedra estende a súa xurisdición aos partidos xudiciais de Vilagarcía de Arousa, A Estrada, Lalín, Cambados, Caldas de Reis e Marín desde o 1 de xuño de 2027.

DATAS NAS QUE ENTRARÁN EN FUNCIONAMENTO AS NOVAS PRAZAS XUDICIAIS E FISCAIS:

- 31 de decembro de 2027
2 prazas das Audiencias Provinciais
as novas prazas de Ponteareas, Vilagarcía de Arousa e Viveiro
9 prazas de fiscais
 
 -1 de xuño de 2028
as novas prazas dos Tribunais de Instancia da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, incluídas as presidencias da Coruña e Vigo.
 
- 1 de novembro de 2028
as novas prazas de Ferrol: Civil nº 7 e Social nº 3.
 
Así mesmo, publicouse hoxe o Real Decreto 995/2026, de 16 de novembro, polo que se amplía e modifica o cadro de persoal orgánico do Ministerio Fiscal para adecualo ás necesidades existentes.
 
En Galiza créanse as seguintes prazas:
  • Unha praza de segunda categoría na Fiscalía Provincial da Coruña.
  • Unha praza de segunda categoría na Fiscalía de Área de Santiago de Compostela.
  • Unha praza de segunda categoría na Fiscalía de Área de Ferrol.
  • Unha praza de segunda categoría na Fiscalía Provincial de Lugo.
  • Unha praza de segunda categoría na Sección Territorial de Mondoñedo.
  • Unha praza de segunda categoría na Sección Territorial de Monforte de Lemos.
  • Unha praza de segunda categoría na Fiscalía Provincial de Ourense.
  • Unha praza de segunda categoría na Fiscalía Provincial de Pontevedra.
  • Unha praza de segunda categoría na Fiscalía de Área de Vigo.

Fronte a este aumento das prazas xudiciais e fiscais, o outro día, na Mesa Sectorial á que asistimos, comunicóusenos que se crearían tan só 27 prazas dos corpos xerais.

A creación destas novas prazas xudiciais e fiscais debe ir acompañada dun incremento real e suficiente dos cadros de persoal dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza, así como da dotación das prazas de letrado ou letrada da Administración de Xustiza necesarias onde non existira, para garantir o correcto funcionamento dos órganos xudiciais.
 
A execución da implantación da Lei de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza xa provocou un incremento moi importante das cargas de traballo nos órganos xudiciais, sen que ese aumento viñese acompañado do necesario reforzo de persoal. Esta situación está a xerar unha sobrecarga cada vez maior e pode agravarse se a incorporación das novas prazas de xuíces e fiscais non leva aparellada a correspondente ampliación dos cadros de persoal.

Desde a CIG advertimos que incorporar novos xuíces ou xuízas e fiscais sen reforzar os equipos de traballo suporía cargar aínda máis ao persoal actual, facendo insostible a situación nos xulgados e nas fiscalías e poñendo en risco o adecuado funcionamento do servizo público de xustiza.

Por iso, reclamamos que cada nova praza de xuíz/xuíza ou fiscal, vaia acompañada da correspondente dotación de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza, así como da creación e provisión da praza de letrado ou letrada da Administración de Xustiza cando a incorporación da nova praza xudicial non conte xa con este profesional.

Non se poden crear novas prazas xudiciais e fiscais sen garantir os recursos humanos imprescindibles para o seu funcionamento. A Xustiza en Galiza precisa dunha planificación acorde ás necesidades reais dos órganos xudiciais e das fiscalías, con máis persoal e máis medios.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cigxustiza.acorunha@gmail.com
  • Compostela:
    604 042 377
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    josefinaiglesiasdelacampa@yahoo.es
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal