
PUBLICACIÓN NO DOG DO DESEÑO E ESTRUTURA DA OFICINA XUDICIAL PARA OS TRIBUNAIS DE INSTANCIA

O 7 de maio publicáronse no DOG as resolucións que conteñen as rpts das oficinas de xustiza no municipio e daqueles partidos xudiciais que comprenden a Fase I do despregamento do novo modelo de oficina xudicial, é dicir, aqueles que na actualidade contan con catro ou menos órganos. Ademais publícase a resolución que regula a estrutura e deseño de todas as oficinas xudiciais dos futuros Tribunais de Instancia de Galiza, non só da Fase I.
A Dirección Xeral decidiu, sen negociación sindical, que os modelos de oficinas fosen os seguintes:
Dentro da mesma resolución de estrutura recóllese a posibilidade de crear equipos e grupos de traballo, confundindo uns e outros e establecendo que non estarán reflectidos nas rpts, ignorando a reforma do art 39 bis do RD 1451/2005, froito da negociación do Ministerio, na que se establece que os equipos figurarán na rpt e que se constituirán sempre que o número de efectivos no equipo sexa igual ou superior a 50.
Como xa expuxemos no noso comunicado o contido desta resolución, que non foi negociada, provocou, entre outras causas, a negativa da CIG a asinar un acordo coa Dirección Xeral e estudiaremos a posibilidade de recurrila xudicialmente.
Accede nas seguintes ligazóns as resolucións publicadas no día de hoxe no DOG:
- RESOLUCIÓN pola que se acorda o deseño e a estrutura da oficina xudicial para os tribunais de instancia e os tribunais colexiados, de conformidade coas previsións contidas na Lei orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do servizo público de xustiza:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250507/AnuncioG0759-250425-0001_gl.html
- RESOLUCIÓN pola que se aproba a relación de postos de traballo das oficinas de xustiza nos municipios de Galiza:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250507/AnuncioG0759-250425-0002_gl.html
- RESOLUCIÓN pola que se aproba a relación de postos de traballo das oficinas de xustiza, fase I:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250507/AnuncioG0759-250425-0003_gl.html
- RESOLUCIÓN pola que se aproba a relación de postos de traballo das oficinas xerais do Rexistro Civil, fase I.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250507/AnuncioG0759-250425-0004_gl.html
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal