PUBLICADA NO BOE A SUBIDA SALARIAL DO 0,5% PENDENTE DESDE XANEIRO DE 2024

Mércores, 02 Xul 2025
Hoxe publicouse no BOE a Orde PJC/681/2025, do 1 de xullo, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros/as do 1 de xullo de 2025, polo que se aproba o incremento do 0,5 por cento das retribucións do persoal ao servizo do sector público previsto no artigo 6.2 da Real Decreto-lei 4/2024, do 26 de xuño, polo que se prorrogan determinadas medidas para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos en Ucraína e Oriente Próximo e adóptanse medidas urxentes en materia fiscal, enerxética e social. 
"Así mesmo, con efectos do 1 de xaneiro de 2024, aplicarase, no seu caso, un incremento retributivo adicional e consolidable do 0,5 por cento, respecto a as retribucións vixentes ao 31 de decembro de 2023, se a suma da variación do IPCA dos anos 2022, 2023 e 2024 superase o incremento retributivo fixo acumulado de 2022, 2023 e 2024. 
 
Para a CIG, a dignificación do traballo do persoal dos servizos públicos pasa por unhas retribucións xustas e porque non se permita que o persoal perda poder adquisitivo, ao tempo que se debe garantir a recuperación dos dereitos arrebatados e mellorar as condicións para unha xubilación digna despois de toda unha vida de traballo.
O persoal leva máis de 15 anos perdendo cartos, cunha depreciación continuada dos seus salarios, que alcanza neste 2025 o 19,66%.

As demandas sindicais da CIG son claras ao respecto e pasan por recuperar, actualizar e protexer os salarios do sector público. Para isto, a CIG demanda:

  • Pago inmediato do 0,5% pendente do 2024 que resta por incorporar ás nóminas do pacto sindical estatal e recuperación do 2,3% perdido desde 2022 polo pacto de CCOO e UGT.
  • Suba salarial do 5% para 2025 (con efectos desde xaneiro).
  • Restabelecer as pagas extraordinarias completas (recortadas desde o ano 2010).
  • Cláusula de revisión salarial real, blindada legalmente e ligada ao IPC.

Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal