RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA QUE PON FIN AO TELETRABALLO

Deberán acudir a cada centro de traballo o 100% dos efectivos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses
Luns, 30 Out 2023

A Dirección Xeral de Xustiza acábanos de remitir a seguinte instrución en relación ao teletraballo.

Transcribímola literalmente:

"Publicada polo Ministerio de Xustiza a Circular informativa da Secretaría Xeral para a Innovación e Calidade do servizo público de xustiza sobre o cese das medidas organizativas e tecnolóxicas previstas no capítulo III da Lei 3/2020, do 18 de setembro, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte ao COVID-19 no ámbito da Administración de Xustiza, a Dirección Xeral de xustiza informa do seguinte:

- Deberán acudir a cada centro de traballo o 100% dos efectivos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses, sen prexuízo das licencias e permisos correspondentes, non sendo posible exercer a modalidade de teletraballo en tanto non se aprobe a súa regulación específica no ámbito da Administración de xustiza.

Esta medida debe facerse efectiva con carácter inmediato, e en todo caso a partir do martes 31 de outubro de 2023.

- A atención presencial debe quedar garantida sempre e en todo caso durante o horario de audiencia pública, sen que poida restrinxirse a dita atención presencial aos supostos nos que se obtivera a cita previa. Sen prexuízo do anterior, poderán seguirse a utilizar os sistemas de cita previa de forma compatible coa atención presencial sen cita, sempre que isto redunde na mellor organización e xestión das demandas de atención ao público."


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal