
REUNIÓN COA DIRECCIÓN XERAL SOBRE O TELETRABALLO

A reunión desta mañá comezou dando explicacións o Director sobre o corta, pega e traduce da Circular ditada pola Xunta pondo fin ao teletraballo en Xustiza, amparándose no informe do Consello de Estado que mantén que a súa regulación é competencia do Estado.
Van enviarlle ao Ministerio unha reclamación para que publique a normativa de xeito inminente. Tamén elevarán unha proposta á Comisión Mixta para que se aplique a orde do CXPX da obriga dos medios dixitais.
A DX propuxo que cada quen siga con esta modalidade ao seu antollo sempre que teña o beneplácito do/a LAX xa que a Xunta dá por feito o seu traballo mantendo as conexións activas e mirando para outro lado.
Para a CIG esta proposta é inaceptable xa que o desamparo é total para as /os traballadoras/es.
Lembrámoslle que o Real Decreto-lei 29/2020, de 29 de setembro, de medidas urxentes en materia de teletraballo nas Administracións Públicas e recursos humanos no Sistema Nacional de Saúde para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 (BOE 30/09/20) introduciu un novo artigo 47 bis no texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público que establece esta modalidade de traballo nas AAP.
Insistimos en que ese texto, a maiores de definir o teletraballo, establece que terá carácter voluntario e que se realizará nos termos das normas que se diten, previa negociación colectiva. Tamén indica que a Administración ten que proporcionar e manter os medios tecnolóxicos ás persoas que traballen nesta modalidade. Establece tamén que cada Administración deberá ter adaptada a súa normativa do teletraballo nun prazo de seis meses ( marzo de 2021) e atribúe a competencia ás distintas AAPP dependendo do réxime estatutario dos seus funcionarios.
Por iso lle esiximos á Xunta que exerza as súas competencias e que faga o seu traballo sen máis demoras xa que leva un retraso de case 3 anos. Mentres se tramite esta normativa solicitamos que se dite unha nova circular deixando sen efecto a publicada a finais de outubro ou aplicándonos supletoria e temporalmente a Orde do 14 decembro de 2020 pola que se publica o Acordo sobre a prestación de servizos na modalidade de teletraballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 07/01/21). Esta normativa xa se lle está aplicando ao persoal pertencente aos corpos e escalas de persoal ao servizo da Administración de xustiza que están prestando servizos en postos ou órganos da Administración xeral da comunidade autónoma.
As organizacións sindicais entregámoslle un escrito conxunto cunha proposta de resolución para poder manter o teletraballo mentres non hai regulación estatal. A DX ten de prazo ata o luns para dar resposta á petición dos sindicatos.
OUTRAS CUESTIÓNS:
- Informousenos de que están agardando polo visto bo de Función Pública para trasladar o borrador do protocolo contra o acoso sexual.
- Van levar á Comisión mixta do día 14 co TSXG a petición dun reforzo transversal dun xuíz para os xulgados de familia así como outras medidas de reparto.
- Teñen pensado trasladar o xulgado de Violencia da Coruña para a Fábrica de Tabacos.
- Pediron 11 xulgados de nova creación para o 2024 mais o Ministerio só autorizou 3, pero non saben aínda cales serán.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal