
SEGUEN OS PROBLEMAS DE HUMIDADES NA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Dende esta Central sindical, hoxe deuse traslado a Subdirección Xeral de Medios da Administración de Xustiza, solicitando urxentemente que se proceda ao mantenemento do edificio Xudicial da Audiencia Provinicial de Pontevedra, correxindo todas as deficiencias e arranxando os problemas estructurais, non optando por unha solución aparente, pintando soamente as dependencias, como ao parecer se pretende.
Ao abeiro do artihgo 36.2 a) dá lei de Prevención de Riscos Laboráis e do Anexo II dá Orde do 25 de marzo de 2009 da Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o pasado 28 de abril acompañamos ao persoal técnico nas avaliacións de RISCOS de carácter preventivo do medio ambiente de traballo na Audiencia Provincial de Pontevedra, onde se puido constatar as humidades e falta de mantenemento do edificio Xudicial.
Dende esta Central Sindical, DENUNCIOUSE o 23 de novembro de 2022 ante a Dirección Xeral, a inundación sufrida na Audiencia Provincial de Pontevedra debido a choiva que se filtrou polo Tellado.
A consecuencia do anterior a principios de maio do 2023 trasladamos a Dirección Territorial de Pontevedra os problemas de saude dos traballador@s da sección cuarta debido as humidades nas paredes, e a necesidade dun mantenemento do edificio xa que este data do ano 1956.
A Dirección Territorial trasladóunos de que, consultado o Servizo de Obras e infraestruturas Administrativas, efectivamente como nos imaxinabamos existen filtracións provenientes das canalóns da cuberta do edificio que penetran na parede do mesmo dende a planta terceira ata a planta Baixa, así como que as obras desta deficiencia están aprobadas dende Servizos Centrais en Santiago de Compostela para poder ser realizadas este ano, as cales foron dotadas cun orzamento de 25.000 euros.
Asimesmo cabe sinalar o perigo existente tanto na sección cuarta como nas dependencias do terceiro andar onde as humidades están en contacto con enchufes podendo producirse curtocircuítos, fallos en instalacións electricas, e mesmo incendios.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal