SERVIZOS MÍNIMOS PARA A FOLGA DO 11 DE NOVEMBRO
SERVIZOS ESENCIAIS NECESARIOS NA ADMÓN. DE XUSTIZA EN GALIZA
Neste sentido, e de conformidade coa doutrina do Tribunal Constitucional e coa xurisprudencia ditada na materia, e en particular coa Sentenza 463/2018, do 7 de novembro, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, considéranse servizos esenciais necesarios para garantir o servizo público:
1. Servizos de garda.
2. Xuízos orais na orde penal de causas con preso.
3. Medidas precautorias ou provisionais en materia de familia, de violencia sobre a muller e de liberdade provisoria, entre outras.
4. Actuacións relativas á violencia de xénero e sexual nas seccións de violencia sobre a muller.
5. Actuacións urxentes do rexistro civil, tales como a expedición de licenzas de enterramento, entre outras, certificacións necesarias para obter documentos de obrigado cumprimento ou de deberes administrativos impostos ou para o exercicio doutros dereitos fundamentais e as de obrigado cumprimento prioritario e inescusable cuxa natureza será rexistral; inscricións de nacemento, defuncións, matrimonios...
6. Rexistro de asuntos e documentos en que venza un prazo preestablecido por lei e cuxo vencemento poida deparar perda de dereitos á cidadanía, así como a tramitación daqueles expedientes nos que venza un prazo perentorio e improrrogable e aquelas actuacións nas que venza un prazo improrrogable establecido na lei cuxo incumprimento poida afectar o dereito da tutela xudicial efectiva e aquelas cuxa urxencia veña determinada porun precepto legal ou polos bens xurídicos en xogo.
Para ver a orde de servizos mínimos e as instrucións da DXX preme nas ligazóns:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cigxustiza.acorunha@gmail.com - Compostela:
604 042 377
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
josefinaiglesiasdelacampa@yahoo.es - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal