SOLICITUDE AO MINISTERIO DE XUSTIZA DE ACCESO INFORMÁTICO AO ESCALAFÓN

Mércores, 22 Out 2025

O escalafón nacional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza é o instrumento básico que garante a correcta aplicación dos principios de mérito, capacidade, antigüidade e igualdade nos procesos de provisión, mobilidade e promoción profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza. Na actualidade, o seu acceso e consulta non se atopan plenamente dixitalizados nin unificados para todo o persoal do estado, o que xera ineficiencias, posibles desigualdades e dificultades de coordinación entre os distintos ámbitos competenciais.

Por todo iso no día de hoxe, 22 de outubro, a CIG dirixiu un escrito ao Ministeiro de Xustiza, tendo en conta todos os procesos de reordenación e redistribución do persoal derivados da implantación da Lei Orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, así como do próximo concurso de traslados, a fin de solicitarlle que autorizara a consulta informática do escalafón nacional dos corpos xerais e de Médicos Forenses, xa que ese dato, xunto co da antigüidade, son necesarios en todos os procedementos de provisión de postos, resultando, noutro caso, unha diferenza de trato non xustificada e contraria ao principio de igualdade do artigo 14 da Constitución, entre o persoal destinado no territorio competencia do Ministerio de Xustiza -que si dispón de acceso- e o persoal destinado no resto de comunidades autónomas, que neste momento carecen do mesmo.

Para ver o xustificante de presentación do escrito preme na ligazón:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal