SOLICITUDE DE CORRECCIÓN DE RISCO DE CAÍDA NUNHA ESCALEIRA DA CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO

Luns, 19 Xan 2026

No día de hoxe presentamos denuncia formal pola existencia dun risco grave de caída derivado dun oco de escaleira sen varanda nin elemento de protección adecuado, situado no anexo da Cidade da Xustiza de Vigo.

Este risco xa foi identificado e documentado no informe do Servizo de Prevención de Riscos Laboráis, no que consta expresamente como incidencia con prioridade 4, sen que ata o momento se adoptaran as medidas correctoras necesarias para garantir a seguridade das persoas usuarias ou traballadoras.

A ausencia de protección no devandito oco de escaleira supón un perigo evidente de caída a distinto nivel, incumprindo a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e poñendo en risco a intengridade física das pesoas, sumado isto a que tamén está catalogada como vía de evacuación.

Por todo o exposto, solicitamos que se adopten de maneira inmediata as medidas necesarias para eliminar o citado risco.

Para ver o xustificante de presentación do escrito preme na ligazón:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal