
SOLICITUDE DE MANTEMENTO DO REFORZO DO REXISTRO CIVIL DE LALÍN

A levanza do rexistro Civil de Lalín, ata finais do mes de xaneiro deste ano, era asumido por unha funcionaria do corpo de auxilio xudicial do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Nº 1 de Lalín.
Tras o aumento da carga de traballo adxudicouse por parte da administración un reforzo, implantándose así mesmo con data 15 de Febreiro a nova aplicación DICIREG.
Sabendo que a poboación de Lalín xa no 2023, segundo o Instituto Nacional de Estatística, alcanzaba os 20.282 habitantes, entendemos que o reforzo é necesario máis ala do 31 de Marzo, data na que se pretende a súa finalización.
Non e entendible tal pretensión para un xulgado mixto, xa que na maioría dos xulgados de paz o Rexistro Civil é levado por dous funcionarios/as.
Por todo o exposto, solicítase a prolongación do reforzo ata a implantación da nova lei de eficiencia, marcada a súa aplicación antes do 1 de xullo deste ano, onde o rexistro civil será levado, según o borrador remitido pola Dirección Xeral de Xustiza, por un funcionario/a do corpo de xestión, mais outro do corpo de tramitación dos destinados en Lalín.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal