TRASLADO DE CADÁVERES IMELGA VIGO

Problemas cando o levantamento se produza despois das 20:00
Martes, 21 Nov 2023

No día de hoxe os compañeiros de CIG Xustiza Vigo veñen de presentar un escrito dirixido ao Director Xeral de Xustiza que transcribimos literalmente:

"Desde esta central Sindical, por medio do presente, quixeramos poñer en coñecemento desa dirección xeral, a problemática que vai xurdir no futuro inmediato no traslado de cadáveres ás instalacións do Imelga en Vigo, a fin de practicar as correspondentes autopsias nas novas instalacións alí ubicadas a dito efecto. Cando o levantamento de cadáveres se produza despois das 20:00 horas e ata a mañá seguinte, ao non haber servizo de vixilancia no edificio da Cidade da Xustiza, o depósito daqueles terá que realizarse nas instalacións dos respectivos tanatorios ata que se poida realizar a súa autopsia, co correspondente sobrecuste para a adminsitración, xa no só polo traslado se non tamén polo depósito dos cadáveres, cando nas instalacións da cidade da xustiza existen cámaras frigoríficas para poder albergar os mesmos.

Por todo iso solicitamos que se amplie o número de vixilantes do edificio da Cidade da Xustiza e se implemente a vixilancia presencial de noite das instalacións, xa non só para garantir a seguridade das mesmas, se non para facilitar tamén o traslado dos cadáveres ás instalacións do Imelga afin de que no día seguinte se poida realizar a pertienente autopsia."

O Faro de Vigo na súa edición dixital faise eco da nova:

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2023/11/22/piden-vigilancia-nocturna-custodiar-cadaveres-94932890.html


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal