
XUNTANZA DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL - 23-05-2024
Nesta mañán do 23 de maio reuniuse o Comité de Seguridade e Saúde laboral no que, entre outros temas, tratáronse os seguintes:
- Deuse conta para este ano da programación de avaliación de riscos.
- Dado que, nas distintas avaliacións de riscos que se elaboran por parte dos técnicos, sempre hai incidencias máis ou menos graves, solicitamos que se faga unha programación para a solución destas, de maior a menor importancia, e que se nos dea traslado das eivas solucionadas.
- Dado que a formación de autoprotección da Cidade da Xustiza de Vigo non estivo ben xestionada, para que todo o persoal dos xulgados poidera asistir, solicitamos que se fixera de novo e máis extensa, para poder designar os efectivos necesarios para o plan de evacuación e proceder mentres á sinaléctica correcta do edificio. Polo momento non hai datas dos simulacros.
- Despois de moitos anos de solicitude de medicións de RADÓN nos edificios xudiciais (tivemos que esperar á transposición da Directiva Europea), por fin van empezar as medicións, en principio nos sotos e plantas baixas dos seguintes edificios:
A Coruña: TSXG, Audiencia Provincial e Noia
Ourense: Audiencia Provincial e Ribadavia
Pontevedra: Audiencia Provincial e Marín.
- Solicitouse a revisión do sistema de acondicionamento do aire dos eficios xudiciais, tanto para o calor como para o frío: Vigo, Monforte, Ourense, Caldas...etc.
- Con respecto aos arquivos que se atopan en locais en malas condicións e ademáis saturados, están na procura de locais para o seu traslado.
- Ante a solicitude de terminais telefónicos a admón nos comunica que, nos órganos en que sexan precisos, que se soliciten terminais inhalámbricos.
- Quedamos en facer un grupo de traballo para rematar o protocolo de acoso e ver as posibilidades de coordenación coas distintas administracións coas que trabalamos nos órganos xudiciais de Galiza.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal