O TELETRABALLO É UN DEREITO, NON UNHA GRACIA

Venres, 23 Out 2026

A Axencia Tributaria segue sen negociar un acordo de teletraballo e traballo a distancia coa representación dos traballadores. Dende outubro de 2022 impón un modelo de dous días á semana, máis unha modalidade excepcional que depende de ser aprobado pola xefatura, e a Instrución 6/2026 mantén esa lóxica.

Con esta regulación, está acontecendo practicamente de todo, pero sempre contra o persoal:
" denegación verbal de días ou quendas que figuran como concedidos na aplicación.
" Retirada da modalidade a persoal que a tiña.
" Aplican menos días dos que a propia AEAT recoñece.
" Dentro da mesma unidade e coas mesmas tarefas, decisións arbitrarias que supoñen a aplicación de diferentes criterios segundo quen sexa cada persoa…
" A interpretación restritiva do teletraballo por motivos de saúde

Até agora, unha persoa que traballaba na AEAT facía un esguince de nocello e podía solicitar teletraballo por este motivo de saúde até o seu restablecemento. É pura lóxica: para a AEAT e o seu equipo é mellor que siga facendo as súas tarefas, pode facelas desde casa e non sobrecarga de traballo ao resto do equipo, e para a persoa é mellor porque non reduce as súas retribucións- que coa alza de prezos estamos como para iso!
Coa nova regulación imposta de xeito unilateral pola Direción da AEAT, para pedir o traballo a distancia nunha modalidade distinta á que tés por razóns de saúde hai que grabar unha solicitude específica aportando un informe médico coa doenza e que poña expresamente recomendación de teletraballo e o tempo estimado de duración desta. Na CIG cremos que o informe médico requirido para esta modalidade por motivos de saúde debera ser, o do médico do servizo de saúde, non o da mutua que teña contratada a AEAT.
A CIG defendeconcibir o teletraballo e traballo a distancia como unha ferramenta que permita ao persoal ao servizo da AEAT prestar o seu servizo desde a casa en idénticas condicións que na oficina, que sirva para axudar a conciliar a súa vida:
" Negociación do marco regulador, fóra da actual imposición da AEAT
" Tres días de teletraballo á semana para todo o persoal cuxo posto o permita
" Criterios obxectivos, públicos e negociados na mesa, como esixe o art. 47 bis.2 do TREBEP.
" Teletraballo voluntario e reversible, sen merma retributiva nin de carreira.
" Que a conciliación non sexa un dereito de segunda: tamén reclamamos recuperar as horas de flexibilidade de conciliación nos venres de teletraballo e que para as persoas con Concilia lle conte a fichaxe máis aló das 15:30.
“ Que todo o persoal do SVA que realice funcións teletraballables teña dous días de teletraballo nas mesmas condicións que resto do personal da AEAT.
" Que toda denegación sexa motivada e indique os recursos posibles.

Como reclamar

Diante de calquera modificación do réxime de teletraballo/traballo a distancia que non se axuste ao regulado, hai que reclamar.
Pasos:
- Pide por escrito a modalidade e os días que necesitas, e explica a túa situación (coidado de menores, persoas dependentes ou con discapacidade a cargo, familia monoparental, saúde ou dificultades de desprazamento).
- Se hai denegación ou retirada, esixe a resolución por escrito, motivada e con pé de recurso. Unha negativa verbal non vale.
- Recorre en reposición dentro do prazo do pé de recurso (un mes, como regra xeral) ante o órgano que ditou o acto. Pode ser a Dirección Xeral, un departamento ou unha Delegación Especial, así que comproba quen resolveu.
- Achega a documentación que acredite a túa situación e pide días concretos (por exemplo, tres días á semana), non unha fórmula xenérica.
 
Axúntase modelo de recurso.

Non imos entregar dereitos.
Non imos ser cómplices.
A loita é o único camiño!