A CIG ASISTE AO DEBATE DA MOCIÓN SOBRE A ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA NO PLENO DO PARLAMENTO GALEGO

Mércores, 17 Xun 2026

Onte varias representantes da CIG asistimos ao Pleno do Parlamento Galego para seguir o debate da moción presentada polo grupo parlamentar do Bloque Nacionalista Galego sobre a grave situación que atravesa a Administración de Xustiza en Galiza.

A moción recolle reivindicacións que a CIG leva tempo defendendo: máis persoal nos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, reforzos inmediatos nos órganos saturados, ampliación da planta xudicial nos partidos xudiciais que presentan unha carga de traballo claramente superior aos módulos establecidos, poñendo fin á política de infradotación de medios que está a provocar atrasos e un empeoramento do servizo público e máis competencias para Galiza.

Seguiremos esixindo máis medios, máis persoal e unha Xustiza pública de calidade, ao servizo da cidadanía e con condicións laborais dignas para o persoal.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal