A CIG PRESENTA ANTE A DIRECCIÓN XERAL UN INFORME DE AVALIACIÓN DA IMPLANTACIÓN DA LEI DE EFICIENCIA

Mércores, 10 Xun 2026

Pasado case un ano dende a entrada en funcionamento dos Tribunais de  Instancia nas vilas da Fase I de implantación e seis meses dende que o fixeron nas sete grandes cidades galegas, é hora de facer unha análise pormenorizada da situación que nos permita ter unha visión real do que está a acontecer para poder facer as propostas axeitadas de cara a solucionar a caótica situación que se está a vivir dende esas datas na Administración de Xustiza en Galiza.

Por esa razón a CIG ven de presentar ante a Dirección Xeral un informe de avaliación da implantación da Lei Orgánica 1/25 de medidas en materia de eficiencia do servizo público de Xustiza con corenta problemáticas que dificultan o normal desenvolvemento do traballo do funcionariado nestes momentos. Dende logo non son todas as que se producen pero consideramos que dan unha idea da desorganización e ineficacia que caracteriza a Administración de Xustiza en Galiza actualmente. Pero ademais propoñemos corenta medidas correctoras que se deben implementar o máis axiña posible para evitar que a situación desencadene nun colapso total.

Trátase dun documento aberto que pretende darlle voz ao funcionariado e provocar entre todas un cambio  na liña que está a seguir a Dirección Xeral

Estas propostas son  a base das nosas reivindicacións e a fundamentación da necesidade de negociar xa a modificación das rpts.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal