A CIG REMITE ESCRITO AO MINISTERIO PARA QUE APLIQUE A MODIFICACIÓN DO RD A TODOS OS/AS LETRADOS/AS SUBSTITUTOS/AS

Martes, 21 Xan 2025

 

O sector de Xustiza da CIG transmitiu hoxe ao Ministerio a preocupación pola situación xerada a partires da publicación do RD 1280/2024 que modificou o RD 1451/2005, deixando sen contido o art. 70, no que se establecía a obrigatoriedade de pedir adscrición provisional tras o cesamento como lax substituto/a nun prazo de 10 días e de solicitar praza fixa no primeiro concurso de traslados que se convocara, tendo preferencia para ocupar un posto na localidade de orixe.

Este artigo foi substituído por unha disposición adicional cuarta que establece que se reservará o posto de orixe do corpo de xestión durante a duración da sustitución.

O caso é que o feito de non teren previsto unha disposición transitoria entre os dous sistemas de reingreso provoca que actualmente haxa moitos compañeiros e compañeiras que se atopan nun limbo, dado que o Ministerio manifestou que a modificación só se aplicará a aquelas persoas nomeadas despois da súa entrada en vigor.

Así, atopámonos con varios supostos:

- persoas que xa están en adscripción provisional por ter cesado. O RD xa non establece nin a obriga de concursar nin a preferencia. Habería que acudir á regulación xeral da adscripción provisional.

- persoas que están nomeadas como letradas substitutas con anterioridade á modificación. O RD modificado non establece que teñan que pedir a adscripción provisional pero o certo é que se atopan en excedencia no corpo de xestión, polo que queda no aire o procedemiento a seguir para o reingreso.

Por iso solicitamos que se aplique a novo sistema para todas aquelas persoas que se atopen actualmente como letrados/as substitutas/os ou en adscripción provisional despois de ter cesado, posto que calquera outra medida sería tremendamente gravosa e discriminatoria.

Ademais hai que ter en conta que neste concurso de traslados non se ofertarán prazas en localidades pequenas, o que supón aínda máis prexuízo se se obriga a concursar a persoas que orixinariamente tiñan aí a súa praza e agora non van poder solicitala.

Solicitamos tamén unha reunión para abordar todos os problemas que poden xurdir acerca desta cuestión para intentar buscar solucións que eviten máis prexuízos ao persoal do corpo de xestión que fai substitucións no corpo de letrados/as.

 


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal