ACOPLAMENTO DE LLAX E CORPOS XERAIS NA NOVA OFICINA XUDICIAL

Venres, 09 Mai 2025

 

Este xoves día 8 celebrouse unha reunión co Ministerio para analizar os criterios a aplicar no proceso de acoplamento para a adscrición tanto do persoal de corpos de letrados/as como de corpos xerais aos novos postos das oficinas xudiciais do novo modelo organizativo.

LETRADOS/AS DA FASE I

Confirmaranse os existentes no Servizo Común de Tramitación, e a praza de Dirección (que leva aparellada competencias en Rexistro Civil) será por reordenación, é dicir, terán preferencia aquelas persoas titulares con máis antigüidade na xurisdición no municipio. De non haber persoas voluntarias, será quen teña menos antigüidade na orde xurisdicional no municipio.

O persoal substituto e interino en prazas vacantes colocaranse ao final e o criterio de reparto tamén será a antigüidade na xurisdición e o municipio. O/As que estean cubrindo unha praza con titular serán colocados no mesmo destino no que se ubique aquel/a. Faránselle novos nomeamentos sen cesamento de actividade antes de que entre en funcionamento a oficina.

A aquelas persoas que estean en comisión de servizos teráselle en conta, para o acoplamento, o tempo na xurisdición de orixe e non na que estea comisionado/a.

LETRADOS/AS FASE III

Cando haxa servizo común de tramitación, servizo común xeral e de execución, a confirmación vaise facer no de tramitación. Cando haxa menos prazas que efectivos actualmente, decidirase por voluntariedade, tendo preferencia quen teña máis tempo traballado na xurisdición e na localidade (non no centro de destino actual)

Cando os servizos comprendan varias xurisdicións, as prazas a adxudicar van ser proporcionais aos órganos que orixinariamente eran desa xurisdición. É dicir, nunha área que sirva a social e contencioso vaise establecer unha porcentaxe de letrados/as derivados de cada unha en función dos existentes actualmente.

Se non se cubren prazas de libre designación ou de postos singularizados irán a reasignación forzosa. Se nalgunha localidade non houber postos de traballo suficientes e non puidesen ser reasignados forzosamente nalgunha rpt, adscribirase provisionalmente á Secretaría de Goberno do TSX, prestando servizos en postos da mesma localidade ate que lle sexa outorgado un definitivamente.

Se te confirmas voluntario nunha praza non se produce unha desconxelación automática se no destino de orixe non podías concursar.

 

CORPOS XERAIS ÁMBITO MINISTERIO

En canto ao persoal das oficinas xerais do RC da Fase I o Ministerio aposta pola confirmación do que está a levar a cabo estas labores, e só no caso de que non haxa do corpo de xestión e/ou de tramitación caso levaría a cabo a reordenación co resto do persoal do órgano de orixe.

A confirmación tamén será primeiramente nos servizos comúns de tramitación e de xeito proporcional en función do persoal que cada xurisdición teña en orixe.

Os/as titulares que estean cubrindo unha comisión ou subsitución nunha praza con titular acompañan a este no acoplamento. As que estean en vacantes serán adxudicadas ao final.

As vacantes cubertas por persoal interino serán adxudicadas tendo en conta o tempo na xurisdición , non no centro de destino de orixe.

O persoal do corpo de xestión que se atope facendo o curso selectivo por ter promocionado internamente ao corpo de LLAX acoplarase na súa praza de xestión.

A CIG solicitou que tanto os compañeiros e compañeiras que están de letrados/as substitutos/as nomeados antes da reforma, como despois, ou xa en adscrición provisional tras seren cesados/as fagan o acoplamento no corpo de xestión como excedentes con reserva de posto, podendo confirmarse voluntariamente e acceder a prazas de libre designación ou singularizadas. O borrador facilitado polo Ministerio fai distinción e só deixa participar a aquelas persoas nomeadas tras a reforma, tendo os anteriores e os xa adscritos que agardar a ser colocados ao final.

 

 


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal