
ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS OFERTADAS EN SUBSTITUCIÓN

Ven de publicarse a resolución da DXX pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución
O día 2-05-24 ofertáronse para a sú provisión temporal mediante o sistema de substitución entre persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza, os postos relacionados no Anexo I da dita convocatoria.
Aprobase e faise pública no Anexo I da resolución a lista definitiva dos destinos adxudicados ao persoal funcionario que participou na convocatoria.
A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.
Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición ante o director xeral de xustiza no prazo dun mes (arts. 123 e 124 dabLei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas) ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente no prazo de dous meses (art.14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).
Para acceder a resolución completa preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal