ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DAS PRAZAS OFERTADAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS

Venres, 20 Set 2024

O 12 de setembro de 2024 publicouse na intranet de Xustiza e máis na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a Resolución do 12 de setembro, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

Vistas as solicitudes presentadas e de conformidade co establecido no artigo 11 da Resolución do 21 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia

Fanse públicas, no Anexo I da resolución, as puntuacións obtidas por cada participante da convocatoria así como a listaxe de persoas excluídas e a causa da súa exclusión, no Anexo II da resolución, a listaxe das adxudicacións provisionais.

De conformidade co artigo 11 da Resolución do 21 de marzo de 2022, as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Consulta a resolución completa a continuación:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal