COMEZA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA A TRAXECTORIA PROFESIONAL GRAO I E II

Desde o 8/04/2024 ata o 21/05/2024
Luns, 08 Abr 2024

Hoxe comeza o prazo para solicitar a traxectoria profesional nos graos I e II. As solicitudes faranse a través da OPAX, accedendo ao menú lateral e premendo onde dí "traxectoria profesional", seguidamente haberá que marcar ou ben GRAO I ou GRAO II e seleccionar a data da convocatoria, neste caso é a do 5/04/2024. A continuación terían que saír os datos da persoa solicitante cargados, aí é onde hai que comprobar que todos os datos son correctos para finalmente asinar mediante o certificado dixital e enviar.

Lembramos que esta convocatoria vai dirixida as persoas que estando en servizo activo, levan 5 anos na Administración de Xustiza (para o grao I) ou 11 anos (para o grao II) a data de 31/03/2024. E que conten cun número mínimo de horas de formación, 40h para o grao I e 80h para o grao II. 

Quedan excluídas aquelas persoas que xa obtiveran algún grao na convocatoria da traxectoria profesional no ano 2022.

 

Para máis información PREME AQUÍ


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal