
COMO IMPUGNAR UNHA PREGUNTA DOS EXAMES CELEBRADOS

Unha vez que xa foron publicadas as respostas provisionais dos exames celebrados, o pasado sábado 28 de setembro, para o acceso aos tres Corpos Xerais da Administración de Xustiza, imos a explicar como poderedes presentar alegacións e impugnar as preguntas que consideredes:
Para Tramitación P.A : o prazo é de 5 días hábiles desde o día seguinte a súa publicación, é dicir, desde o día 30 de setembro ata o día 7 de outubro de 2024. As impugnacións enviaranse exclusivamente por correo electrónico a seguinte dirección turnolibre_tramitacionprocesal_tcu@mjusticia.es indicando no apartado do "Asunto": APELIDO1_APELIDO2_NOME_ALEGACIONES
Para Xestión P.A: o prazo é de 5 días hábiles desde o día seguinte a súa publicación, é dicir desde o día 3 de outubro ata o 9 de outubro de 2024. As impugnacións enviaranse exclusivamente por correo electrónico a seguinte dirección gestion-libre-oposicion-2024@mjusticia.es indicando no apartado do "Asunto": APELIDO1_APELIDO2_NOME_ALEGACIONES
Para Auxilio Xudicial: o prazo é de 5 días hábiles desde o día seguinte a súa publicación, é dicir desde o día 1 de outubro ata o 8 de outubro de 2024. As impugnacións enviaranse exclusivamente por correo electrónico a seguinte dirección auxilio64.24@mjusticia.es indicando no apartado do "Asunto": APELIDO1_APELIDO2_NOME_ALEGACIONES
En canto o contido do correo non hai ningún formato específico no que realizar esas impugnacións, simplemente indicar a pregunta do modelo (A ou B) que queredes impugnar e o motivo ou o argumento polo que facedes esa impugnación.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal