
COMO INSCRIBIRSE NOS PROCESOS SELECTIVOS ABERTOS

O próximo 21 de xaneiro remata o prazo para inscribirse nos procesos selectivos de acceso aos corpos de xestión, tramitación e auxilio, tanto por quenda libre como por promoción interna.
Para aquelas e aqueles que aínda non o fixeron deixámosvos por aquí os pasos a seguir para facer a inscrición:
1º Deberedes acceder a seguinte páxina web https://ips.redsara.es/IPSC/secure/buscarConvocatorias?form=L e procurar o proceso selectivo no que queredes inscribirvos
2º Unha vez localizado premedes onde pon "Inscribirse" e de seguido onde pon "Ciudadano". Despois empregaredes unha das opcións que nos dan para identificarnos e así realizar a inscrición: o sistema de Clave Móvil, un certificado dixital (dni electrónico), a Clave Pin ou a Clave Permanente.
3º Unha vez accededes co sistema de identificación que elixistes, aparece a seguinte ficha que debedes cubrir correctamente:
- Neste apartado onde pon "Especialidad, área o asignatura" colledes a única opción que sae que é "NINGUNA"
- No apartado de "Exención de pago y documentos" Só no caso de VICTIMA TERRORISMO hai que aportar documentación: sentenza firme ou resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición. Nos demais casos (desemprego, familia numerosa, familia especial e discapacidade) NON é preciso aportar documentación algunha, si a documentación xustificativa destas condicións foron obtidas nalgunha das Comunidades Autónomas que figuran no punto de acceso xeral e sempre que, a persoa solicitante non se opoña ao tratamento para a súa verificación pola administración dos datos expresados na solicitude (opción que se atopa o final da ficha de inscrición antes de asinar e enviar)
- No apartado de "Títulos Académicos" seleccionaredes o título que tedes e non será preciso adxuntar o título se eleximos a opción de "Autorizo al órgano gestor a la consulta de mis datos de renta en la Agencia Estatal de Administración Tributaria", que atoparedes o final da inscrición. Se pola contra elixides a opción de que vos opeñedes á consultar estos datos si teredes que adxuntar neste apartado o título académico que vos permite acceder ao proceso selectivo.
- Unha vez marcadas as opcións de se admitides ou non a comprobación dos vosos datos, hai que marcar a opción de "He leído las condiciones(..)" e finalmente premer en "Firmar y enviar inscripción". Despois diso xerarase un xustificante que poderedes descargar e que vos servirá como xustificación de ter presentado a instancia
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal