COMO RECUPERAR ATÉ 5 ANOS DE COTIZACIÓN POR TER REALIZADO PRÁCTICAS FORMATIVAS

Mércores, 20 Mai 2026

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións modificou os requisitos mediante os cales a cidadanía poderá recuperar até cinco anos de cotización das súas prácticas formativas.

As últimas modificacións a esta medida entraron en vigor o pasado 2 de agosto, despois de que se publicaran no BOE.

Ademais, as persoas interesadas que solicitaran a recuperación da cotización entre o pasado maio de 2024, cando entrou en vigor a normativa inicial, e o 2 de agosto, cando se publicaron as modificacións, poderán acollerse de igual maneira a estas últimas, máis vantaxosas a nivel de custos.

Quen pode recuperar anos de cotización?

A nova normativa está pensada para aquelas persoas que realizaron prácticas académicas e non cotizaron por elas antes do 2024 ( no caso das non remuneradas) ou anteriormente ao 1 de novembro de 2011 noutros casos.

As prácticas formativas teñen que ser dos seguintes tipos:

• Prácticas realizadas por alumnado universitario, xa sexa para obter unha tituación oficial (grao, máster ou doutorado) ou para un título propio da universidade.
• Prácticas realizadas por alumnado de formación profesional, sempre que non se presten en réxime intensivo, é dicir, sempre que non teñan carácter laboral.
• Prácticas realizadas por alumnado de ensinanzas artísticas superiores, ensinanzas artísticas profesionais e ensinanzas deportivas do sistema educativo.
• Participantes en programas de formación de natureza investigadora, tanto no Estado Español como no extranxeiro.

Non poderán subscribirse a este convenio especial, as persoas pensionistas de xubilización ou incapacidade permanente, salvo nos supostos relativos a percepción de tales prestacións no que o art. 2.2 da Orde TAS/2865/2003, permite a súa subscrición.

Cantos anos de cotización por antigas prácticas formativas pode recuperarse?

Está aprobada a recuperación íntegra de até 5 anos, é dicir pode recuperarse até 1.825 días de cotización. Quen xa recuperara dous anos de cotización en virtude da regulación de 2011, tamén poderá beneficiarse de este novo convenio.

Sen prexuízo de que as persoas que participaran como bolseiros/as en programas de formación non dirixidos a obtención dun título e así mesmo, como doutorandas en programas de natureza investigadora, tanto no Estado Español como no extranxeiro, poden solicitar tamén o convenio especial, até un máximo de 1.825 días.

Até cando podes solicitar a recuperación?

Até o 31 de decembro de 2028 as persoas interesadas poderán solicitar subscribirse ao convenio especial coa Tesorería Xeral da Seguridade Social de forma previa o pago da cotización que lles correspondera.

Canto haberá que pagar para poder recuperar estas cotizacións?

A base de cotización terá en conta a de referencia do ano no que se levou a cabo a actividade e non a do 2024. A norma retoma a fórmula de cálculo da cota a ingresar, que xa se pactou para este tipo de convenios en 2011 e que consiste en tomar a base mínima de cotización do grupo 7 do Réxime Xeral vixente cando se realizaron as prácticas no canto de a de este ano.

Esta cifra sería por cada mes cotizado entre 40 e 140 euros/mes aproximadamente, polos períodos de prácticas realizadas entre 1980 e 2006.

Unha vez calculado pola Tesorería Xeral da Seguridade Social o importe total da cotización que corresponda as mensualidades polas que se formalizara este convenio especial, dito importe reduciráse mediante a aplicación do coeficiente do 0,77, constituíndo o resultado a cotización á ingresar.

Pódese pagar a prazos?

O ingreso da cotización que corresponda por este convenio especial poderáse realizar de unha soa vez (dentro do mes seguinte a aquel no que se formalizara a subscrición do convenio especial) ou poderá fraccionarse até o duplo do período que se pretende recuperar, con un máximo de 84 mensualidades (7 anos).

En calquera caso, o ingreso deberá efectuarse a través do sistema de domiciliación en conta.

As persoas que xa solicitaran a recuperación das súas cotizacións poden acollerse as novas condicións?

Sí, os e as estudantes en prácticas que xa solicitaran a recuperación da cotización correspondente a os seus períodos como bolseiros/as acolléndose á normativa anterior tamén poderán acollerse as novas condicións máis vantaxosas, que supón menos custos para as solicitantes e que, ademais supón efectuar esta recuperación por máis tempo.

Como presentar a solicitude de subscrición de este convenio especial?

Pódese presentar a través das canles indicadas no apartado "ALTA, BAIXA OU VARIACIÓNS DE DATOS DO CONVENIO ESPECIAL" da sección "TRÁMITES E XESTIÓNS" da web da Seguridade Social.

Podes acceder a toda a documentación necesaria nesta ligazón: https://www.seg-social.es/wps/portal/wss/internet/Trabajadores/Afiliacion/10547/0c7ac9e0-e56c-4ec9-b51a-e6570c3243b3#FORyPLZ?utm_source=portalInternet&utm_medium=referral&utm_campaign=sess_noticias_actualidad

O prazo de resolución e notificación da solicitude é de seis meses. O silencio administrativo suporá a súa estimación.

Podes atopar máis información na web da Tesorería Xeral da Seguridade Social.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal