COMPLEMENTO RETRIBUTIVO POR OBXECTIVOS PARA OS XULGADOS DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER

Novos xulgados que acadan este complemento retributivo
Mércores, 17 Abr 2024

O persoal funcionario que tivese o seu destino nos centros de traballo con competencias en materia de violencia sobre a muller percibirá un complemento retributivo por obxectivos de carácter mensual. Estes xulgados son: 

- Xulgados exclusivos de violencia sobre a muller (temos dous os da Coruña e Vigo).

- Xulgados de instrución que asumen a materia de violencia sobre a muller de xeito compartido con outras materias penais, do resto das cidades galegas (Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra). Actualmente existen 5 xulgados de instrución con estas características:

  • Xulgado de Instrución núm. 2 de Ferrol
  • Xulgado de Instrución núm. 3 de Santiago de Compostela
  • Xulgado de Instrución núm. 3 de Lugo
  • Xulgado de Instrución núm. 3 de Ourense
  • Xulgado de Instrución núm. 3 de Pontevedra

- Xulgados de primeira instancia e instrución do resto dos partidos xudiciais que asumen a materia de violencia sobre a muller de xeito compartido con outras materias penais, sempre que no ano anterior incoasen polo menos 75 ou máis dilixencias en materia de violencia sobre a muller.

- Constátase que cumpren o criterio establecido na cláusula 6.c do Acordo os seguintes xulgados de primeira instancia e instrución que asumen a materia de violencia sobre a muller:

  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Betanzos
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Carballo
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Noia
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ordes
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Ribeira
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Monforte de Lemos
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Viveiro
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Caldas de Reis
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Cambados
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Cangas
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 do Carballiño
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Marín
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ponteareas
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 do Porriño
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Redondela
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Tui
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3  de Vilagarcía de Arousa

Dous novos xulgados pasan a cumprir o requisito da cláusula 6.c, e cobrarán o devandito complemento con efectos económicos dende o 01.01.2024:

  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Caldas de Reis 
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ordes 

E deixa de cumprir este requisito, finalizando a asignación, con data do 31.12.2023:

  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Verín 

Pero debemos deixar claro que uns cantos euros non soluciona o problema que ten o persoal que traballa nos xulgados de violencia. É por todxs sabido, que a situación en moitos destes xulgados é intolerábel, xornadas de traballo infinitas,  falta de persoal, falta de recursos necesarios, como melloras nas instalacións para que permitan a separación entre a vítima e o seu agresor....É fundamental a creación de máis xulgados exclusivos de violencia sobre a muller en Galiza, porque a carencia dos recursos humanos, económicos e técnicos non só perxudica ao persoal da administración de xustiza destinada nestes centros, senon as propias vítimas que non contan coas garantías e protección que debían ter.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal