COMUNICADO CONXUNTO CONVOCANDO NOVAS MOVILIZACIÓNS

Luns, 15 Abr 2024

A CIG, leva meses asistindo a cada mesa sectorial e grupo de traballo convocado en Madrid para negociar a subida salarial e outras cuestións como o teletraballo e a Lei de Eficiencia Organizativa. Para este sindicato sempre, desde o primeiro momento, foi primordial que a subida salarial se producise no complemento xeral do posto para que así abarcase a todo o persoal da administración de xustiza do Estado, xa que é evidente que o novo modelo xudicial se vai implantar en todo o territorio. A posición do Ministerio de Xustiza foi inamovíbel, concluíndo nun acordo asinado a pasada semana con CSIF e UGT, o cal supón unha subida salarial no complemento específico do persoal da administración de xustiza do ámbito Ministerio. Con isto o Ministerio de Xustiza expresou literalmente que a cuestión da subida salarial rematara.

Ante esta situación, vémonos na obriga de convocar movilizacións, tomaremos as rúas en repulsa a este acordo asinado por uns sindicatos que venderon a miles de traballadoras/es da administración de xustiza.

 


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal