
COMUNICADO CONXUNTO SOBRE A MESA SECTORIAL CELEBRADA NO DÍA DE HOXE

No día de hoxe estabamos convocadas á Mesa Sectorial coa seguinte orde do día:
-
Dar conta da fase 1 da nova oficina xudicial
-
Dar conta da conferencia sectorial de xustiza
-
Proposta de acordo para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da administración de xustiza de Galiza
O DXX pretendeu nun primeiro momento converter a mesa sectorial nunha mesa informativa, ao que nos opuxemos as OOSS, que propuxemos:
-
Continuar como mesa sectorial e polo tanto entrar negociar
-
Abordar como primeiro punto da reunión o acordo económico (aínda pendente de rematar a negociación da parte non retributiva), posto que a DXX asumira en reunións previas o carácter prioritario do mesmo.
-
Negociar o borrador de estrutura e deseño do novo modelo de oficina, fronte a pretensión da dirección xeral de só informar do seu contido.
O DXX, en canto ao acordo retributivo accedeu a modificar o borrador no sentido de reflectir os efectos económicos desde o 1 de xaneiro, rexeitando o resto de peticións sindicais.
En canto a estrutura, o DXX negou que fose materia obxecto de negociación alegando a potestade de autoorganización da administración, ignorando conscientemente a obriga que establece o TREBEP de negociar cando esta potestade afecte ás condicións de traballo, posto que segundo este, esta reforma “no afecta a las condiciones de trabajo”.
Este punto é fundamental para as persoas traballadoras posto que a estrutura afectará a materias obxecto de negociación como:
-
Condicións de traballo
-
Planificación estratéxica de RRHH
-
Sistema de clasificación de postos de traballo
-
Plans e instrumentos de planificación de RRHH
-
Determinación e aplicación de retribucións complementarias
-
Mobilidade funcional e xeográfica
Parecera que a DXX pretende que asinemos un acordo retributivo que supoña un cheque en branco para elaborar un deseño de oficina xudicial sen negociación de ningún tipo.
Tras un tenso debate, a DXX comprometeuse a enviar unha proposta de acordo retributivo esta tarde.
Seguirémosvos informando
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal