
COMUNICADO SOBRE PRÓXIMA NEGOCIACION RETRIBUTIVA

A entrada en vigor da Lei de Eficiencia significará un reforma sen precedentes na actual estrutura xudicial que terá repercusións de calado organizativo, estrutural, funcional, tecnolóxica e competencial que afectaran directamente a tódolas/os traballadoras/es.
O Ministerio de Xustiza e tódalas Comunidades Autónomas transferidas, salvo C. Valenciana, foron conscientes de que para implementar a NUMO (nuevo Modelo) é imprescindible contar co apoio e a implicación das/dos traballadoras/es e que sen a súa colaboración, esforzo e empeño é imposible lograr o funcionamento da Xustiza.
A Xunta de Galicia sen embargo leva meses evitando presentar ningunha oferta económica aos representantes das/os traballadoras/es, a pesar das numerosas peticións de tódalas centrais sindicais.
Ante a falta dunha resposta satisfactoria do Director Xeral de Xustiza e a presentación dunha suba retributiva acorde aos futuros cambios os Sindicatos con representación na Mesa Sectorial decidimos:
● Solicitar por escrito a presenza do Conselleiro Diego Calvo na próxima Mesa Sectorial.
● Presentación na Mesa Sectorial dunha oferta de subida do CAT.
● Convocatoria Rolda de Prensa o xoves 20/03/25 para denunciar a situación.
Nota- Onte ás 15.00 horas a Dirección Xeral de Xustiza, tras a presentación da carta ao Conselleiro, convocou a Mesa Sectorial ás Organizacións Sindicais para o día 24 de Marzo en Santiago ás 11.30 horas.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal