CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DO CONCURSO DE TRASLADOS DO CORPO DE LETRADOS E LETRADAS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Xoves, 23 Xan 2025

O Ministerio ven de comunicarnos que o vindeiro día 27 de xaneiro publicarase no BOE a convocatoria do concurso de traslados do corpo de LLAX.

Este concurso é extraordinario porque, por unha soa vez, todos os letrados e letradas que presten servizo nunha praza de terceira categoría, con independencia da data de atoma de posesión no seu posto de traballo actual como titular. Isto ven dado polo disposto na Disposición Adicional única do RD 1280/2024 dado que o novo réxime de categorías ,que esta modificación normativa establece, permite que a consolidación da segunda categoría se inicie desde que se toma posesión como titular nunha praza de idéntica categoría, polo que de non se producir esta excepción no concurso, a súa aplicación inmediata prexudicaría a aquelas persoas que, levando menos de cinco anos no corpo, se atopen en prazas de terceira categoría, xa que os compañeiros e compañeiras en praza de segunda comezarían a consolidación con carácter inmediato e se integrarían no escalafón superior antes ca eles, aínda que no inferior ostenten peor posto.

Outras novidades son:

  • A nova regulación establece a preferencia da posición no escalafón para a asignación de prazas, polo que os/as de primeira escollen con preferencia aos de segunda e os de terceira, e os de segunda sobre os de terceira.
  • Quen prestara servizo más de dous anos nunha LD pode participar no concurso sen necesidade de renuncia expresa ao seu actual posto
  • Poderase diferir o cese por razóns de conciliación da vida familiar e laboral, por motivos de escolarización, se as necesidades do servizo o permiten .

Consulta a continuación os Anexos I e II coas prazas ofertadas e o documento coa información relacionada coa DA única do RD 1280/2024.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal