
CONVOCADA A MESA SECTORIAL DE XUSTIZA PARA A NEGOCIACIÓN DO INCREMENTO DO CAT E DAS RPTS DAS OXM E TRIBUNAIS DE INSTANCIA
Recibimos a convocatoria á mesa sectorial de xustiza que se celebrará o próximo día 1 de abril ás 11:00 en Santiago de Compostela, coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Proposta económica de incremento do CAT/CE como base dun Acordo para o desenvolvemento da nova oficina xudicial.
- Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza do municipio.
- Negociación da proposta de RPT das oficinas xerais do rexistro civil. Fase I.
- Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza. Fase I.
- Rogos e preguntas.
Dado que esta orde do día xa foi proposta en varias convocatorias de mesa sectorial (3 e 24 de marzo), infórmase de que feita a proposta económica, e a falta de chegar a un acordo definitivo, os puntos do día relacionados na convocatoria serán tratados na data prevista sen que unha falta de acordo do punto 2 poida servir de novo, para non acometer a preceptiva negociación das RPT (puntos 3, 4 e 5 da Orde do día).
Para facilitar a negociación das ditas RPT infórmase de que á proposta xa facilitada de RPT para as OXM, OXRC e OX da primeira fase, súmase unha versión 2 das ditas RPT unha vez oídos os representantes nas distintas comisión mixtas das que forma parte esta Dirección xeral. Os documentos V1 son os xa facilitados en convocatorias previas.
Esta segunda versión, a debater, introduce os seguintes cambios respecto da primeira proposta:
- Nas OXM os postos de auxilio xudicial formúlanse compatibles coa OX.
- Nas OXRC de 3 e 4 prazas xudiciais os postos de tramitación formúlanse compatibles coa OX.
- Detraense de cada unha das OX un posto do corpo de auxilio xudicial e súmanse ás OXRC como compatibles coa OX.
Manterémosvos informados/as do que aconteza tras a celebración de esta mesa sectorial.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal